Lugonovo pregunta polos sonómetros do Concello

O Grupo Municipal Lugonovo ven de rexistrar unha pregunta para saber se os sonómetros empregados polo persoal do Concello cumpren con tódolos requisitos precisos para a súa homologación, “ante as sospeitas de que estes aparatos, puidéranse estar utilizando sen respectar, por unha banda os requisitos técnicos esixidos por lei e, por outra, sen formar con anterioridade no seu manexo ós propios traballadores”.

Segundo o seu portavoz, Santiago Fernández Rocha, “gustaríanos que o equipo de goberno nos trasladase a información oportuna que verifique a legalidade destes aparatos conforme a normativa existente. Consideramos que se trata dun asunto importante xa que de non aclaralo, abre a porta aos sancionados a interpoñer os correspondentes recursos ás multas que recibiron, dubidando do rigor e a legalidade das medicións feitas”.

Por outra banda, Lugonovo fala tamén de certo descontrol do executivo local “ao coñecer que, no Departamento de Arqueoloxía, non tiñan constancia de que se tramitara ningún permiso para intervir na Calzada da Ponte, recoñecida como Patrimonio da Humanidade”.

“Neste punto da cidade abriuse unha zanxa de máis dun metro de ancho, que aínda está sen rematar co adoquinado existente no resto da vía, dentro das obras relativas aos colectores xerais do Río Miño. Un traballo que non se contemplaba no proxecto inicial e para o que o devandito servizo de arqueoloxía non xestionou, nos seus comezos, ninguna autorización o que fai pensar que se desenvolveu, incomprensiblemente, sen os informes pertinentes”.

Ante este feito, Lugonovo presentou outra cuestión por escrito solicitando explicacións ó Concello sobre dita obra, quen ten a obriga de supervisala, os permisos que conleva acometela e, por se todavía non remataron, cales son os traballos que faltan para completala.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com