Lugonovo presenta a súa candidatura completa para as municipais

Esta tarde tivo lugar a presentación da candidatura para as vindeiras eleccións municipais da plataforma cidadá lucense Lugonovo. O evento tivo lugar na Ponte Romana lucense á que acudiron tódolos integrantes da mesma e numerosos medios de comunicación.

O alcaldable da formación, Santiago Fernández Rocha, explicou que esta lista está confeccionada de maneira plural, froito dunhas eleccións primarias e dunha asamblea celebradas dentro de Lugonovo.

Ao respecto do programa electoral que está practicamente rematado e que a vindeira semana será presentado públicamente, Fernández Rocha sinalou que recollerá a intención de desenvolver políticas sociais encamiñadas a dignificar as condicións de vida de toda a veciñanza, o impulso da colaboración con outras entidades para o desenvolvemento de proxectos económicos sostibles e a creación dun programa cultural, secuenciado no tempo, que potencie o patrimonio da cidade.

Asemade,  explicou que dende Lugonovo traballarán para construír unha maioría social que participe no deseño de novas políticas municipais que esixan a “máxima transparencia na xestión local, en base á elaboración dun corpo normativo que impida as prácticas corruptas e clientelares”.

Santiago Fernández Rocha:

Lista de Lugonovo para concorrer as eleccións municipais do 24 de maio:

  1. Santiago Fernández Rocha – Mestre

  2. Cristina Pérez Herraiz – Funcionaria do SEPE

  3. Iñaki García Gómez – Funcionario de Educación

  4. Mª Soledad López Ares – Psiquiatra Xubilada

  5. Xabier I. Villares Naveira – Economista

  6. Victoria Estéban Riesco – Mestra

  7. Elías Pérez Sánchez – Profesor

  8. Víctor Andrés Álvarez Arias – Funcionario Medio Rural

  9. Xohán Rompe García González – Xubilado

  10. Matilde Quiñoá Iglesias – Licenciada Dereito – Cooperante

  11. Francisco Rodríguez Lestegás – Profesor USC

  12. Jose Ángel Leal González – Músico

  13. Xose Manuel Saa Vázquez – Activista

  14. Silvia Pascual Estepa – Traballadora Sector Servizos

  15. Silvia Gutiérrez González – Filóloga

  16. MªCarmen Tizón Estévez – Profesora

  17. María del Carmen Galván González – Activista

  18. MªCarmen Flores Ferreiro – Traballadora Social

  19. Paulo Grandío Montes – Biólogo

  20. Xose Manuel Fernández Varela – Avogado

  21. Xoán Carlos Carreira Pérez – Profesor USC

  22. Neves Núñez Delgado – Empresaria

  23. Xose Anxo Lage Suárez – Funcionario

  24. Bernardino Pardo Teijeiro – Médico

  25. Zita Méndez Fernández – Médico

SUPLENTES

  1. Juan Antonio Lázare Vázquez – Traballador sector automóbil

  2. MªEsther Neira Ferreiro – Técnico Superior de Riscos Laborais

  3. Jesús Ángel Gómez Vázquez – Activista

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo