Lugonovo presentará dúas mocións ao Pleno

O grupo municipal Lugonovo presentará no Pleno de maña, dúas mocións que, agarda, conten co respaldo do resto de grupos. A primeira delas, promovendo o impulso dunha economía verde no Concello e facilitando unha transición cara un modelo productivo e de xestión máis respectuoso e sostible. A segunda vai orientada á mellora das instalacións do CEIP Luís Pimentel, de cara a adaptalas ás novas necesidades do centro educativo.

Lugonovo sempre manifestou o “seu compromiso co respecto ao medio ambiente, por iso traslada ao Pleno Municipal a necesidade de adoptar medidas contundentes dende o Concello, facendo caso ao lema, pensa globalmente, actúa localmente”. Na moción presentada Lugonovo propón a “creación dun Consello Municipal para o Impulso das Políticas Verdes, integrado por grupos políticos, entidades sociais, asociacións ecoloxistas e expertos na materia, de cara a artellar unha estratexia que permita unha transición cara unha economía verde, máis humana e respectuosa co medio que nos rodea”.

A outra das mocións que Lugonovo presentará, busca “apremiar á Xunta para que comece canto antes a mellora das instalacións do CEIP Luís Pimentel. Esta proposición foi rexistrada como moción de urxencia, pola necesidade de dar comezo ás obras o antes posible e aproveitar a época estival para o seu desenvolvemento, reducindo o impacto das mesmas en período lectivo”.

Por último, o grupo municipal de Lugonovo rexistrou un rogo instando a “que se faga un estudo detallado dos pasos de peóns no núcleo urbano, para detectar posibles fallas ou deficiencias que poidan supoñer un risco para os viandantes. Nesta liña, Lugonovo organizará próximamente unha campaña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com