" />

Lugonovo prevé problemas para aparcar

Lugonovo prevé que as festas do San Froilán serán “a gota para que desborde o vaso” da cidade en materia de estacionamento. Segundo a concelleira de Lugonovo, Cristina Pérez, este é un “problema enquistado” que se agravou trala suspensión do sistema ORA.

“Dende aquela, levamos catorce meses agardando que o goberno colla o proceso con determinación e resolva a cuestión con rapidez. Sen embargo a Comisión creada ó efecto só se reuniu unha única vez e todo parece indicar que o executivo non ten interese por retomalo, escudándose sempre, iso si, no que xa se converteu no seu disco raiado: a excesiva carga de traballo dos técnicos, as eivas en materia de persoal para asumilo e a lentitude dos procesos burocráticos”, resume a edil.

Segundo esta concelleira, as celebracións patronais evidenciarán a pouca previsión municipal para buscar alternativas ós aparcamentos que suprimiu, “agás publicitar os que chama disuasorios pero que dan servizo permanentemente aínda que en barrios afastados do recinto feiral”; e cuestiona, así mesmo, que o reforzo das liñas de buses urbanos vaia ser suficiente para a demanda que se agarda.

“Temos a sensación de que o equipo de goberno non reflexiona sobre a organización das festas dun ano para outro. Botamos de menos unha avaliación realista que afronte qué aspectos deben ser revisados e cales son as carencias para reparalas na seguinte edición e pensamos, que tal e como está o estacionamento en Lugo, esta cuestión merecía unha consideración previa e moitas máis medidas verdadeiramente resolutivas, se houbese vontade de mellorala”, conclúe Cristina Pérez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo