Lugonovo reemprende o curso político

Máis dunha vintena de persoas, integrantes da plataforma municipal Lugonovo, reuníronse onte en asemblea para dar inicio ao novo curso político. Na reunión fíxose unha análise da situación actual da plataforma, deseñando as liñas estratéxicas básicas para o futuro, e tratáronse algúns asuntos de máis actualidade e imediatez.

A análise realizada destacou o difícil momento da organización, desde as pasadas eleccións municipais, nas que se perdeu a representación institucional. A pesar diso, valorizouse o bo clima interno actualmente reinante, os coñecementos acumulados gracias á experiencia pasada e a actual liberdade para deseñar o proxecto de Lugonovo. En definitivo, recoñécense as dificultades actuais, mais encárase o futuro con decisión e un moderado optimismo.

Ademais da análise estratéxica, aprobouse o apoio á próxima Folga Mundial polo Clima, así como as recentes alertas feministas. Tamén se recordou a existencia da programación cultural de Lugonovo, que actualmente conta coa exposición colectiva BRAVAS, en que a obra de oito mulleres artistas pode ser visitada nos Cinemas Codex (Praza de Viana do Castelo, nº 3-5).

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com