" />

Lugonovo valora a decisión do edil Iñaki García de renunciar á súa acta

A agrupación municipal Lugonovo reaccionou hoxe ante a última decisión tomada polo edil da agrupación, Iñaki García de abandoar a propia agrupación e renunciar á súa acta como concelleiro. Víctor Álvarez, coordinador da agrupación, foi o encargado de ler o comunicado no que lamentou a marcha do concelleiro e aclarou que a plataforma continúa, en contra do que afirmaba García Gómez onte, a traballar “con transparencia e pluralidade ademáis de estar desvinculada de calquera grupo político” máis aló da propia plataforma.

“Funcionamos democraticamente segundo valores de participación, pluralismo e transparencia e tendo como piar das nosas decisións as deliberacións obtidas en Asamblea e na Coordinadora. A estas determinacións chégase despois de ter en conta o criterio do Grupo Municipal que ten como misión trasladar as posicións da organización nas que se define o modelo de cidade que queremos para Lugo”, manifesta Álvarez Arias.

O voceiro insiste: “que non caiba a menor dúbida de que en cada tramo organizativo hai a debida autonomía, sempre fundamentada dentro da coherencia do proxecto e no respecto ás decisións das persoas adscritas. Baixo este proceder, Lugonovo procurou, e cremos que conseguiu, que todos os seus posicionamentos fosen por consenso, co acordo maioritario ou a vontade democraticamente expresada nas ducias de xuntanzas de traballo. Lugonovo non deixou nunca de ser un encontro de xentes plurais, de diversa procedencia, de diferente idioloxía, con ou sen adscrición partidaria, mais unidas no obxectivo de facer que a sociedade e as súas institucións cambien a favor da maioría social”.

“Por iso, insistimos, sen entrar nas causas da decisión persoal do compañeiro, ao mesmo tempo que nos entristece a súa marcha, sentimos que non fora quén de identificarse con este proxecto, de atopar nel o seu sitio ou de facer seus estes
mesmos principios”, conclúe Víctor Álvarez.

Cabe destacar que, pese as boas palabras do voceiro, el mesmo recoñeceu que “hai unha crise na propia organización”, pero que eso non vai cambiar o funcionamento da mesma polo que parece, dixo, “un problema persoal do propio Iñaki García”.

Tras o rexeitamento tamén do seguinte na lista, Elías Castro, o propio Álvarez sería o encargado de substituír a García Gómez no cargo de concelleiro, ao que renunciará oficialmente no pleno de mañá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo