Lugonovo ve inxustificable o acontecido hoxe na gardería Gregorio Sanz e o Concello responde que funcionou con normalidade

O portavoz de Lugonovo Santiago Fernández Rocha definiu de “Non ten xustificación”. o feito de que “o Concello deixase, esta mañá, á gardería Gregorio Sanz sen o persoal suficiente para atender aos nenos matriculados ata o punto de que os pais tiveran que regresar para recollelos ante a falta de asistencia”.

A situación ven derivada do feito de que varias coidadoras tiñan que declarar no  xulgado, unha comparecencia da que o Concello era consciente mais non tomou as medidas adecuadas para garantir a súa substitución.

“Temos constancia de que a directora da gardería Gregorio Sanz notificou o xoves da semana pasada ao departamento correspondente, co pertinente informe, que varias traballadoras do centro deberían ausentarse durante a mañá de hoxe. O que non sabemos é o que puido ocorrer para que finalmente o executivo fixese oídos xordos a esta previsión. Está claro que algo está fallando estrepitosamente en materia de persoal neste Concello e hai quen quere seguir pechando os ollos ante a evidencia. Sen embargo non imos tolerar máis pasividade nesta cuestión porque o que máis nos preocupa é que esta desorganización, intencionada ou non, empeza a ter consecuencias na cidadanía”, concluíu.

Pola súa banda, o Concello por medio do Concelleiro de Eduación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez respondeu a estas acusacións afirmando que “a gardería funcionou con normalidade, dentro da situación excepcional que supuxo a ausencia de 5 traballadoras durante un espazo de menos de dúas horas, entre as 12.20 e as 14.00 horas, para ter que acudir ao xulgado a declarar por un incidente ocorrido a primeiros de outubro”. O edil desmentiu así as informacións que esta mañá apuntaron a unha disfunción na escola e subliñou que “dos 43 nenos que acudiron este mércores ao centro foron atendidos pola plantilla habitual da gardería (6 traballadoras máis a directora) e durante menos de dúas horas estiveron ao cargo deles 5 persoas: unha substituta, dúas da plantilla habitual que non foron a declarar, e dúas alumnas de prácticas. Non foi preciso reubicar a ningún neno da Gregorio Sanz en ningunha outra escola municipal”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com