" />

Lugonovo visita o barrio da Estación no seu terceiro encontro “Lugo en Barrios”

O grupo municipal Lugonovo continúa cos encontros “Lugo en Barrios” que nesta ocasión, tivo lugar no barrio da Estación. Esta é a terceira xuntanza que Lugonovo realiza cos veciños de Lugo, as dúas anteriores tiveron lugar nos barrios de Garabolos e Acea de Olga.

Neste encontro, que tivo lugar onte, asistiron os tres concelleiros do grupo municipal, o portavoz da organización, Bernardino Pardo, e unha vintena de veciños que plantexaron as súas dúbidas e inquedanzas.

Os temas que centraron a charla foron a ausencia de aparcamentos na zona, a pouca actividade da estación de ferrocarril e as deficiencias na sinalización ao longo do barrio. O portavoz municipal, Santiago Rocha informou sobre as medidas propostas por Lugonovo ao respecto, como “a creación de aparcadoiros disuasorios na zona ou o reestudo das liñas de autobuses que actúan na zona”.

Outras áreas tocadas foron as carencias do barrio da Chanca, co perigo que supón o tráfico da zona na entrada do Camiño Primitivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo