Luís Villares visita unha factoría de transformación da castaña

O voceiro de En Marea, Luís Villares, acompañado do responsable de organización de Lugonovo (En Marea) Victor Álvarez, xunto con outras persoas da organización, mantiveron un encontro co presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Jesús Quintá.

Na reunión explicaron ao presidente da IXP as numerosas iniciativas que “En Marea ten presentado no Parlamento de Galicia sobre a produción, transformación e comercialización da castaña en Galicia, sobre a situación dos soutos galegos e sobre como están afectados pola política forestal e a necesidade de que se prime no país as especies autóctonas”.

Quintás explicou aos responsables de En Marea, cales eran as dificultades fundamentais da castaña en Galicia: a necesidade de incrementar a produción, a entrada no mercado europeos de competidores como China, as distintas variedades de castaña que se producen no pais e a necesidade dunha certa homoxeneidade de cara á transformación do froito noutros produtos.

Tamén sinalou Quintá a rendibilidade que pode ofrecer un territorio con castiñeiros, aproveitando fundamentalmente o valor da castaña e o da súa madeira. O presidente da IXP apuntou na reunión que a rendibilidade por hectárea dos soutos “é moi superior á que se pode conseguir cos eucaliptos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com