" />

Máis alá dunha viaxe”. En marcha as rutas fluviais pola Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado polo Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, autoridades e representantes de establecementos dos 21 Concellos de Lugo e Ourense que integran a Ribeira Sacra, inaugurou este venres as rutas fluviais  “Canón do Sil” e “Cabo do Mundo”, que a partires de mañá e durante todos os días da Semana Santa funcionarán ás 11:30 e ás 16:00 horas.

Máis de 4.000 persoas xa adquiriron os seus billetes nos últimos días. Os interesados poden facelo dende  www.deputacionlugo.gal, pois na web provincial atoparán un banner que os levará á nova Central de Reservas que puxo en marcha o organismo provincial. Tamén se pode facer directamente en www.reservas.rutaembalses.es. Máis información de luns a domingo, de 08:30 a 20:30 horas, en catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou no 982-26-01-96.

Campos Conde destacou que “aproveitando a afluencia de visitantes á provincia durante a Semana Santa, poñemos en marcha estas dúas rutas fluvias da Deputación para que máis xente descubra a riqueza que compartimos as provincias de Lugo e Ourense: a Ribeira Sacra. No Miño, coñecerán as Aldeas de Ribeira, as Vides, a Praia da Cova ou a Illa de Maiorga, entre outras belezas. E no Sil, os Miradores de Pena do Castelo, Chelos, Cadeiras, Soutochao, as Ribeiras do Sil ou as vides de Amandi… Isto beneficirá directamente, aos profesionais dos máis de 400 establecementos da zona. É unha aposta polo ecoturismo para xerar riqueza e emprego”.

O prsidente do ente  provincial, declarou que se está a estudar a posibilidade de facer novos percorridos con paradas noutros Concellos da zona; e trabállase na posta en marcha de medidas que incrementen o número de usuarios, que o ano pasado superaron os 50.000, principalmente, nas tempadas baixas, desestacionalizando, deste xeito, o turismo.

Todas estas actuacións enmárcanse unha das apostas persoais de Campos Conde: a posta en marcha dun Plan Integral de Turismo na provincia. Trátase dunha ambiciosa iniciativa, que se desenvolverá ao longo deste mandato (2015-2019), para converter a Lugo nun referente turístico no país, xerando máis emprego e favorecendo o crecemento económico deste sector, que hoxe representa o 13% PIB de Lugo. Para elo, a Deputación avaliará os recursos dos 67 Concellos da provincia

Eduardo Vidal Baamonde

Pola súa banda, o Deputado de Turismo explicou as melloras executadas e remarcou que se habilitou unha oficina de turismo no embarcadoiro de Doade onde, ademais de poder adquirir os billetes, persoal especiazado ofrece información sobre as rutas e a riqueza da Ribeira Sacra en particular, e sobre a provincia de Lugo en xeral.

Outras das melloras realizadas consistíu no reforzo do persoal especializado de atención aos usuarios nas rutas fluviais, pasando dos 6 aos 9 na atención diaria, e ata os 12 en datas festivas como a Semana Santas ou as pontes do Pilar, Letras Galegas ou da Constitución. Tamén se executaron traballos de acondicionamento das embarcacións: tarefas de pintura, cambio de motores ou arranxo dos interiores, entre outras.

Vidal Baamonde remarcou que unha das grandes novidades é o novo servizo de atención integral ás 24 horas en www.reservas.rutasembalses.es;  de luns a domingo, de 08:30 a 20:30 horas, no 982-26-01-96 e en catamaranes.turismo@deputacionlugo.org; e nas propias instalacións de San Marcos, concretamente na praza baixa onde se atopa o departamento de Turismo, onde se habilitou outra oficina de atención ao público aberta durante a semana de 09:00 a 14:00 horas.

Rutas Fluviais

As rutas fluvias que funcionan a partires de mañá e durante toda a Semana Santa son “Ruta do Canón do Sil”, de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina; e “Ruta do Cabo do Mundo” no Miño, do embalse dos Peares entre o embarcadoiro de Belesar, no Concello do Saviñao e á área Recreativa de Maiorga. Logo destas datas festivas, as viaxes fluviais poderanse facerse de mércores a domingo, ás 11:00 e ás 16:00 horas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo