" />

Máis de 1000 altas manteñen á baixa os casos activos malia unha suba dos contaxios

Os casos activos seguen en descenso na provincia de Lugo un día máis pero, esta vez, é grazas ás altas médicas que superaron as 1000 na última xornada. Pola contra, a situación vése empeorada na última xornada por un aumento importante no ritmo de contaxios que case dobran aos rexistrados un día antes.

En cifras, segundo o último informe do SERGAS, Lugo conta agora mesmo con 6610 casos activos, 261 menos que na xornada do martes. Unha cifra que, como dicimos, experimentou unha mellora na última xornada malia un importante paso atrás dos positivos detectados que hoxe se sitúan en 768, 300 máis que na xornada anterior.

Con todo, as altas médicas volven ser a boa nova da xornada e, esta vez, as que salvan a evolución positiva. E é que no día de onte Lugo rexistrou un total de 1029 altas, situando a cifra total dende o inicio da pandemia en 33.685.

No tocante á presión asistencial, manténse en cifras semellantes ás de días anteriores con 57 pacientes en planta (os mesmos que o día anterior) e 7 na UCI do HULA (un menos). Así, en unidades convencionais por hospitais, o HULA mantense igual que un día antes con 42 pacientes ingresados con Covid, o Hospital da Costa suma un e queda con 10 mentres que o Hospital de Monforte perde un paciente Covid e rexistra tan só, 5.

Asemade, nas últimas horas, Sanidade notificou un novo falecemento, o dun home de 95 anos que deu positivo despois de ingresar no hospital de Monforte por outra doenza. Con él xa son 276 os lucenses falecidos con Covid dende o inicio da pandemia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo