Máis de 2.000 lucenses se posicionan contra o traslado da Estación de Autobuses

A Asociación Lugo Monumental presentou esta mañá no Rexistro da Xunta de Galicia, as 1578 sinaturas en papel, ás que se suman os 511 apoios dixitais acadados a través da plataforma web change.org contra o traslado da Estación de Autobuses de Lugo, ante a posibilidade de creación dunha Estación Intermodal.

A asociación denuncia que o debate sobre a Intermodal para a chegada do AVE á cidade esta “falseado” xa que a súa construcción vínculase, segundo explican, coa necesidade para a chegada da Alta Velocidade. Un feito que o colectivo tilda de falso ao comprobar que Madrid non ten intermodalidade e, sen embargo, é a cidade con máis liñas de ACE do Estado Español.

O colectivo de empresarios lucenses asegura que está a favor da mellora dos servizos ferroviarios pero que non debe “enganarse” á cidadanía cunha “maqueta dunha estación para a chegada de trens de alta velocidade” cando “a data dos trens aprázase ano tras ano”.

En canto a recollida de sinaturas, Lugo Monumental explica que non realizou campaña ningunha de captación, nin puxo mesas na rúa ou na Estación, senón que as follas de recollida de apoios estaban a disposición dos lucenses en diversos establecementos do casco histórico.

Segundo o colectivo, afastar as estacións dos cascos históricos é unha política que se está a abandonar nos últimos anos xa que, o modelo de transporte interurbano aposita por minimizar desprazamentos dentro das cidades e buscando alternativas peonís.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo