Corre con nos Corre con nos

Máis de 2.800 corredores participaran este domingo na carreira popular Corre con Nós

A carreira popular Corre con Nós, enmarcada na 16ª edición do Circuito Larsa Corre con Nós, que engloba seis carreiras ata xuño, celebrará esta segunda cita, o vindeiro domingo 13 de marzo. Trátase dunha competición que terá un recorrido duns 5 quilómetros para os adultos e entre os 300 metros e os 2,5 quilómetros para as categorías infantís.

O Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, subliñou que “Corre con Nós enmárcase na nosa aposta por fomentar actividades físicas deportivas así como no noso compromiso co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades“, ao tempo que fixo fincapé no elevado número de participantes que unha vez máis concentra o Corre con Nós, máis de 2.800 neste caso, que engloba tanto afeccionados ao atletismo como deportistas profesionais, “o que da conta do éxito desta proba que está xa máis que consolidada“.

A carreira partirá do aparcadoiro superior do centro comercial As Termas entre as 12:00 e as 12:30 para a categoría mini (nados no 2010 e 2011), a categoría A (nados no 2007, 2008 e 2009), B (2004, 2005 e 2006) e C (2001, 2002 e 2003). Ás 12:45 horas terá lugar a saída para a categoría adulta. Neste caso o trazado será unha mezcla de asfalto e terra.

CIRCUITOS AS TERMAS 2016.

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o sábado, 3 de abril e o domingo 17 de abril, así como o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño.

A recollida de dorsais dos novos inscritos ou de todos aqueles que non o fixeron para a proba anterior farase na tenda de deportes Ndorfina Sport, na praza de Campo Castelo, ata o sábado 12.

Máis información en www.lugo.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com