" />

Máis de 6.800 axentes garantirán o domingo a seguridade da xornada electoral

A Delegación do Goberno en Galicia colabora coa celebración da xornada electoral do próximo domingo a través do dispositivo de seguridade, que mobilizará a 6.866 axentes en toda Galicia. O delegado do Goberno en Galicia, Javier  Losada, comprometeu a maxima cooperación ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión que mantiveron o pasado mes de xuño para pechar este dispositivo, que supón unha achega de 416.337 euros por parte do Goberno Central.

Do total de axentes que despregarán o domingo, 3.791 corresponden á Garda Civil seguida do Corpo Nacional de Policía, que aportará 2.001 efectivos. Contarase tamén con 927 axentes de diferentes policías locais e 147 membros
da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma. Este dispositivo será o encargado de garantir que a votación se faga con garantías e sen incidentes. Para iso combina o despregamento de patrullas fixas e móbiles que comprobarán as instalacións de votación e os seus entornos. Ademais, complétase coa vixiancia de infraestruturas críticas, como as que garanten os suministros de luz e redes de comunicación, evitando que calquera incidente poida alterar a xornada electoral, dende antes da apertura dos colexios ata despois do reconto.

En canto á organización do mesmo, as Subdelegacións do Goberno nas provincias son as encargadas de adaptar a distribución dos axentes no seu territorio, adaptándoos ás circunstancias propias de cada un deles. Así, para a provincia de Lugo se destinarán un total de 1067 axentes dos diferentes corpos: 756 gardas civiles, 214 policías nacionais, 63 policías locais e 34 policías adscritos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo