" />

Máis de 800 rapaces poderán participar este verán nas actividades culturais da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado da Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentaron hoxe, nos xardíns do Pazo de San Marcos, as Actividades infantís e xuvenís de verán. Trátase da programación gratuíta que o Goberno da Deputación ofrece a rapaces de 7 a 16 anos durante os meses de xullo e agosto. Ademáis de 46 obradoiros de distintas disciplinas culturais, a programación inclúe un campamento de teatro urbano.

O Executivo Provincial leva estas actividades ao conxunto da provincia, pois terán lugar nas rúas da capital lucense, nas instalacións do CENTRAD, tamén na cidade, e nos 4 Museos da Rede Museística Provincial, situados ten Lugo, Friol, Monforte de Lemos e Cervo sumando un total de máis de 800 prazas sen custe para os participantes.

O campamento de teatro é totalmente gratuíto e está dirixido a 120 nenos de entre 7 e 14 anos. Terá lugar no casco histórico da capital lucense e busca fomentar entre os rapaces as artes escénicas e promover o centro da cidade. Os interesados en participar poden facer a súa inscrición ata o 14 de xullo no 982 26 01 80 ou nas oficinas da Área de Cultura do Pazo de San Marcos. A selección será por rigoroso orde de solicitude.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo