Maite Ferreiro pide que se convoque a xuntanza do Consello Municipal de Cultura que non ten lugar dende setembro

Maite Ferreiro, edil do BNG-AA, asegurou hoxe que dende o seu partido, se solicitará que se convoque unha xuntanza do Consello Municipal de Cultura. Ferreiro sinalou que o regulamento deste consello recolle que se reunirá cada dous meses e lembrou que a última xuntanza celebrouse o pasado 30 de setembro. A edil nacionalista dixo que era unha falta de xestión cultural do Concello e tildou de “desprezo do goberno municipal pola opinión das persoas e colectivos que traballan no eido cultura”.

 

Ferreiro dixo que o BNG quere propór que se analice canto e como se invirte en cultura, asemade quere que este consello faga propostas para poñerlle nome ao novo auditorio. Na súa solicitude de xuntanza, o BNG-AA suxire que se inclúa na orde do día un punto relativo á convocatoria de subvencións para o tecido cultural dende o concello.

Maite Ferreiro sinalou que no ano 2016 no se fixo convocatoria de axudas para cultura e asegura que non queren que esto volte a suceder neste ano e por iso van solicitar que se adiante esta convocatoria e se efectivice canto antes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com