" />

Malestar na FAPACEL polo retraso das obras do colexio do Sagrado Corazón

A FAPACEL (Federación provincial de ANPAs de centros de ensino público de Lugo) ven de organizar unha reunión con representantes das distintas ANPAs dos centros de ensino públicos da cidade de Lugo para tratar os temas que preocupan á comunidade escolar da capital lucense.

Durante a xuntanza as familias do barrio do Sagrado Corazón amosaron” a súa preocupación polo alarmante retraso nas obras do colexio, o que incide negativamente para que exista demanda de prazas de nova escolarización”. Isto, segundo os país, “podería ser aproveitado pola Consellería de Educación  para suprimir este centro educativo en favor doutros, cando é a propia consellería a que desencadea a situación coa súa inoperancia”.

As familias subliñan ”non sobra ningún centro de ensino, o que fai falta é unha nova zonificación para distribuír a poboación escolar de forma eficiente”.

Denunciaron asemade que “a calidade no ensino é incompatible coa masificación nas aulas. Péchanse centros mentres noutros métese alumnado por riba da capacidade para a que foron deseñados, a expensas dos espazos comúns, como está pasando nos CEIPs  As Mercedes, Paradai, Casás, Illa Verde”

As nais e pais  expresaron o seu malestar polo “trato que reciben, ás veces, nos centros educativos, por parte dos equipos directivos”; e continuaron, “en público, maniféstanse a favor da implicación das familias na educación dos seus fillos e fillas, pero despois pon trabas á súa actuación como representantes nos  Consellos Escolares” . Asemade denuncian, que non se respectan  “os dereitos das ANPAs a ter un local no colexio ou a repartir información ás familias, ante o caso omiso, todo hai que dicilo, da Inspección Educativa”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo