Pilar García Porto

Mañá comeza o Buxiganga da Deputación con máis de 100 actuacións teatrais

 

O Buxiganga da Deputación, que terá o seu inicio mañá, trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Goberno Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, dando a coñecer e potenciando a actuación de colectivos teatrais lucensescun orzamento de 40.000 euros,

Pilar García Porto, a Deputada de Cultura, explica que a Buxiganga “está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións, como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura”. En concreto, nesta edición participan 34 Concellos e 30 asociacións que acollerán as actuacións de 35 grupos teatrais da provincia.

A programación teatral comeza  ás 12:00 horas no salón de actos do CEIP Albeiros de Lugo da man da súa ANPA no que Alentía Teatro representará a obra Manancial de fantasía. E ás 17:30 horas no centro social da parroquia de Carballo, no Concello de Friol, a Asociación Carballo Vivo acollerá a representación da peza clásica A ola de ouro do grupo Pinchacarneiro.

Para máis información de datas e horarios en www.deputacionlugo.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo