" />

Manuel Curiel presenta o libro sobre a lucense Rosario Dúrcal

O salón de actos da Deputación Provincial de Lugo foi o lugar escollido por Manuel Curiel, director da Semana Internacional do Cine de Autor de Lugo, para presentar o libro Rosario Dúrcal. A artista lucense que triunfou en México. Unha actividade que se enmarca dentro da XL Semana de Cine que se despedirá mañá e, ata o ano que vén, da cidade. O acto de presentación do libro terá lugar mañá as 19.00 horas.

A presentación efectuarase coa participación de representantes das institucións copatrocinadoras da Semana – Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Vicerreitoría da Universidade-Campus de Lugo-, o autor do libro, e o fillo de Rosario Durcal, o actor Luis Xavier Cavazos Sanz, que ven desde México para participar na homenaxe a súa nai.

Ao rematar a presentación, proxectarase a película Las leandras, protagonizada por Rosario Dúrcal.

Os asistentes recibirán cadanseu exemplar da publicación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo