Manuel Martínez expulsado do PSOE

O Psoe ven de comunicarlle ao Alcalde de Becerreá e Deputado Provincial Manuel Martínez a súa expulsión do partido, malia  todo Martínez non arroxa a toalla e gasta o seu último cartucho presentando un novo escrito, onde solicita que se paralice dito proceso ata que se resolva o recurso que acaba de presentar.

Para Martínez o que queren é xogar a “marear a perdiz”, é dicir, a ver se non contesto e entón expúlsante por non recorrer”.

O Deputado non adscrito fundamenta o seu recurso en que non foi contestado o recurso de reposición que presentou “ TAL RECURSO DE REPOSICIÓN NON FOI CONTESTADO, deixando ao que subscribe nuna situación de indefensión total e simplemente obxecto dunha purga levada a efecto sen ningún tipo de proba e sen rebater os argumentos empregados para a  miña defensa”.

Martínez reitera “Como xa indiquei a expulsión dun partido político debe estar sometida a uns límites mínimos tal e como afirmou a xurisprudencia constitucional e a ordinaria e iso como consecuencia das repercusións que esa decisión trae consigo para o exercicio dalgúns dereitos fundamentais que asisten a todo afiliado pois non cabe dúbida que producida a expulsión queda pechada unha das modalidades máis cualificadas de participación política que os estados democráticos brindan aos cidadáns e que vostedes nesta resolución de 29 de xuño sáltanse, de xeito paradoxal á toureira.

 

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Manolo Quiñoá Táboas
    Ago 09, 2016 - 06:35 PM

    Vaya por Deus, vai a sentilo de carallo, total xa leva trmpo militando no pp, e ahora xa se pode integrar totalmente, ahora si que vamos a ver como cambea o signo politico dos de Becerrea, ahora votaran pp

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com