" />

María Jesús Álava falará sobre a realidade de nenos, pais e educadores en ‘Educación século XXI’

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo o seu ciclo de conferencias Educación século XXI con novos relatores e temas, consolidando así esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento que inclúan tanto a docentes como a nais e pais.

A próxima conferencia será Límites que nos axudan a medrar da man da psicóloga María Jesús Álava, Premio 2017 ao Mellor Labor de Divulgación da Psicoloxía e elixida como unha das TOP 100 Mulleres Líderes en España nos anos 2012 e 2017. Terá lugar mañá mércores 10 de abril, ás 20.00 h, na Sede Afundación de Lugo, e contará coa presenza do director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto Garrido, e da responsable da Área Educativa de Afundación, Carmen Pérez Larrán.

Neste novo encontro falará sobre a realidade que viven os nenos e nenas, as nais e pais, os educadores e a sociedade actual en xeral en relación á educación dos fillos e fillas, especialmente nos seus primeiros anos. A entrada é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente na web ataquilla.com.


Imaxe: Miguel Ayuso

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo