María Luisa Castro nova responsable da Unidade contra a Violencia de Xénero

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, vén de nomear a María Luisa Castro Rodríguez como responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, que se incorporou ao posto nos últimos días. Isabel Rodríguez destacou o importante labor deste servizo da Subdelegación do Goberno, que se ocupa de coordinar a loita contra a violencia de xénero na provincia de Lugo.

A subdelegada salientou a gran responsabilidade que asume María Luisa Castro ao fronte deste servizo prioritario, no que traballará man con man coas forzas de seguridade do Estado, así como da Xustiza e do resto das administración públicas, na protección das vítimas da violencia machista.

Isabel Rodríguez considerou que María Luisa Castro é una persoa idónea para asumir esta responsabilidade pola súa formación en materia de Igualdade, o seu gran coñecemento da provincia e a súa dilatada experiencia profesional na Administración do Estado na provincia. A nova responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, que sucede no cargo a Verónica Eiravella Barreira, é natural de Sarria e traballa na Subdelegación do Goberno en Lugo dende 1998.

María Luisa Castro é funcionaria da Administración do Estado dende 1992. Pertence ao Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado dende 2005 e ata o momento era xefa da sección de relacións coa Administración Territorial na Subdelegación do Goberno, posto que desempeñou dende o ano 2006.

Dentro da súa formación en materia de Violencia de Xénero e Igualdade figura a realización de diversos cursos impartidos polo ministerio de Política Territorial e Función Pública, o último deles sobre Igualdade para a Función Pública.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com