" />

MariñaPatrimonio organiza un roteiro pola Fraga das Vigas

MariñaPatrimonio retoma os roteiros polas fragas da nosa contorna dentro da campaña Cousa de Raíces, promovida por ADEGA, para a posta en valor e o recoñecemento do bosque autóctono.

O próximo 5 de xullo, domingo, faran un percorrido entre os concellos de Alfoz e Abadín; trátase da Fraga das Vigas, formada pola cabeceira do río de Figueiras, que desemboca no Masma en Viloalle.

O roteiro, de dificultade baixa e cun percorrido aproximado de 8 – 10 km, ten un atractivo engadido pola coincidencia coa colleita de arandos deste ano. Ao longo desta camiñata os participantes atoparán abondosas arandeiras, que permitirán gozar dos seus gorentosos froitos.

O punto de encontro será no Frenazo, en Alfoz, ás 10:30 horas. Dende alí, organizarase para levar os menos coches posibles até a Fraga Vella, onde arrancará a camiñata. Os/as participantes neste roteiro levarán a súa comida e o regreso será a media tarde. O prezo da actividade é de 3 € para os/as socios/as e de 5 € para os/as non socios/as.

(Fotografía: Andrés García Doural)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo