" />

Martínez cobrará 57.000 euros anuais como presidente de Suplusa

O consello de Suplusa acordou na tarde de onte a proposta de Manuel Martínez, co apoio do PP e o voto en contra do PSOE, cambiar os estatutos do ente para facultar ao presidente da entidade, o propio Martinez, a cobrar 57.000 euros ao ano, o equivalente ao 90% do soldo de Campos Conde como presidente provincial ou o 100% do que cobra o vicepresidente. Eses cambios tamén facultan á sociedade para contratar un asesor con 41.000 euros anuais de soldo.

O voceiro do Goberno Provincial da Deputación, Álvaro Santos Ramos, valorou este venres o feito de que o Partido Popular aprobase “a creación dunha nova masa salarial” en SUPLUSA. Santos Ramos destacou que “como o PP xa non pode pagar favores políticos en B, porque son culpables de corrupción tal e como dixo a xustiza, agora faino en A, gastando 100.000 euros de todos os lucenses, de fondos públicos dos veciños”.

“Hai moitos anos que existe SUPLUSA e nunca houbo salarios, pois é un organismo que depende a Deputación de Lugo e os seus responsables son deputados, que xa teñen unhas retribucións regradas polo Pleno Provincial en base as súas diferentes responsabilidades nos órganos do organismo provincial”, apuntou.

Este cambio, segundo Santos Ramos, débese ao interese do PP de deixar de utilizar SUPLUSA como un ente intrumental da Deputación que contribúa ao impulso do traballo polo público para “convertelo nun ente ao servizo do Partido Popular que bloquee a apertura das residencias en colaboración coa Xunta, que entorpeceza a execución de determinados proxectos e que faga oposición ao Goberno da Deputación”, engadiu.

“O acordo do PP deixa en clara evidencia que esta formación política, que é culpable de corrupción, é capaz de gastar os recursos públicos necesarios de todos veciños dende calquera administración na que teña representación para os seus intereses partidistas”, remarcou.

“Dende o Goberno da Deputación non podemos descartar ningunha opción de resposta, pois non podemos consentir o manexo caprichoso das institucións e dos fondos públicos de todos os cidadáns. É unha cuestión de decencia, de ética, de dignidade e de servizo público. Hai advertencias de que o acordo PP podería ser irregular. Dende SUPLUSA se está bordeando a legalidade” subliñou.

“O BNG acertou”

Pola súa banda, os nacionalistas aseguraron esta mañá que a decisión é completamente inxusta co conxunto da cidadanía, que ve como unha vez máis ten que manter a uns políticos que o único interese que os move e sacar rédito persoal. Do mesmo xeito, consideraron indecente a actitude do PP, o cal non ten ningún escrúpulo en utilizar os seus votos para compra de vontades políticas, avalando deste xeito este tipo de comportamentos contra os que todos e todas deberíamos loitar.

Todo este tipo de actuacións “veñen a darlle a razón ao BNG cando se opuxo en solitario a que unha persoa distinta do presidente da Deputación presidira SUPLUSA. Xa daquela dicíamos que esta bicefalia ía provocar todos estes problema e, por desgraza, así aconteceu”, explicaban os deputados nacionalistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo