" />

Martínez cre que “hai marxe” para volver ao grupo do PSdeG trala ruptura do bipartito

O deputado provincial non adscrito e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, cre que “hai marxe” para volver a integrarse no grupo provincial do PSdeG logo de que o BNG formalizase hoxe a súa saída do Goberno da Deputación de Lugo.

“Manolo Martínez segue estando aquí. Sen a intransixencia do BNG e sen a chantaxe á que eles viñan sometendo ao Partido Socialista desde o 24 de xuño, cando empezou este culebrón, creo que hai marxe para o acordo e para que a normalidade volva ao grupo provincial”, admitiu esta mañá Martínez.

Martínez foi expulsado do grupo provincial socialista logo de votar en diferentes plenos da Deputación co PP e contra o criterio do partido.

Agora, o alcalde de Becerreá admite que trala ruptura do bipartito “ábrense unhas incógnitas importantes no Goberno da Deputación” e sinala que el está “aberto” a retomar a súa posición no partido, pese a que admite que aínda “hai feridas” polos desencontros que mantivo coa dirección da formación nos últimos meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo