Medio Ambiente fai un chamamento cidadá para non pechar os contedores do lixo mentres dure a crise sanitaria  

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo fai un chamamento cidadá para estender a petición de manter abertos os colectores de lixo de carga traseira mentres dure a crise sanitaria.

 

 Dende que se decretou o Estado de Alarma os operarios do servizo municipal de limpeza, logo de recoller os desperdicios, deixan abertos este tipo de contedores para evitar que, debido a que non dispoñen dun sistema de apertura con pedal ou alternativo, as e os usuarios teñan que tocalos cando van depositar aos mesmos os seus refugallos. Solicitamos, por tanto, a máxima colaboración a toda a veciñanza para que cando os vexa destapados os deixe así e non proceda a pechalos co fin de que non sexa necesario tocalos coas mans para tirar as bolsas”.

 Santos Ramos indicou que a administración local está tratando de difundir esta mensaxe a través das redes sociais e dos medios de comunicación “pero, sabemos que o boca a boca é o altofalante máis eficaz, por iso tamén lle pedimos a todas e todos os lucenses que divulguen esta medida entre os seus contactos e mesmo nas comunidades onde residan”.

 O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Lugo, subliñou igualmente a importancia de extremar a hixiene persoal e recomendou “lavar frecuentemente as mans con auga e xabón e portar sempre un par de luvas, por se fora inevitable entrar en contacto con algún elemento do mobiliario urbano. Toda a cidade, incluídas as dotacións que están na vía pública como papeleiras, bancos, varandas, marquesiñas do bus e, por suposto, os colectores son desinfectados periodicamente, sen embargo é fundamental que, a nivel individual, tomemos todas as precaucións posibles para non propagar o coronavirus”.

 Así mesmo lembrou que nestes momentos se mantén suspendido o servizo de retirada de voluminosos, polo que, dende a área de Medio Ambiente se insta á poboación a evitar desbotar este tipo de obxectos na rúa e recorda que, por outra banda, existe outro específico de recollida a domicilio para aquelas persoas diagnosticadas do Covid-19 que poden solicitar chamando ao teléfono 092, da Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com