" />

Medio Rural impulsa novos traballos na concentración parcelaria de Fanoi, no Concello de Abadín

A Consellería do Medio Rural inicia hoxe traballos de acondicionamento das fincas resultantes do proceso de reestruturación parcelaria en Fanoi, no concello de Abadín.

Neste novo proxecto a Xunta investirá 100.000 euros, de forma que o orzamento dedicado a este proceso de concentración suma xa máis de 1,5 millóns de euros, destinando a maioría da contía (1,1 millóns) á execución de infraestruturas viarias e o resto a obras de acondicionamento de fincas.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, desprazouse ata a zona para coñecer o novo proxecto de obras, que consisten no planeo de fincas, eliminación de lixeiros ribazos ou valados interiores, desbroces e destoconados, entre outras. Durante a visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, José María López Rancaño.

A concentración parcelaria de Fanoi beneficia a 271 propietarios e 656 hectáreas; a superficie estaba dividida en 2.506 parcelas e tras o proceso de concentración resultan 571 fincas.

Nesta última fase das actuacións, o ente autonómico acomete melloras que responden ás solicitudes realizadas polos propietarios para facer viable ou facilitar tanto o acceso como o futuro traballo nas fincas.

O delegado territorial subliñou “a aposta da Xunta por seguir avanzando nos procesos de reestruturación parcelaria para redimensionar os predios, e con elo mellorar as infraestruturas viarias e optimizar o aproveitamento das terras abaratando os custos”.

Balseiro afirmou que unha redistribución racional da propiedade da terra resulta fundamental para o despegue socio-económico do agro, “para lograr explotacións máis rendibles, habilitar novas infraestruturas e servizos e, en definitiva, establecer as condicións para que o rural sexa un medio atractivo no que vivir e traballar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo