O Mercado e a Praza de Abastos exhiben en Coruña o seu potencial

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, participou hoxe no I Congreso de Mercados Urbanos Sostibles, organizado pola entidade local coruñesa. Concretamente, o Concello de Lugo foi convidado pola súas accións dinámicas encamiñadas a aumentar o público obxectivo, no Mercado Municipal e na Praza de Abastos, para a mesa redonda Estratexias de Mercados, na que se puxo en en valor o papel dos Concellos como deseñadores de estratexias para mercados urbanos que misturan a innovación e a tradición. Tamén se trataron os valores  transversais dos mercados urbanos, tales como o turismo, a reactivación do comercio de proximidade e os espazos de inclusión sociocultural.

Na súa intervención, Rielo fixo un percorrido polo antes e despois do mercado e da praza de abastos, “dúas instalacións diferenciadas e complementarias”. Comezou lembrando a construcción do mercado, proxectada en 1909 por Leoncio Bescansa nun solar en Quiroga Ballesteros e ampliado en 1913 por Luciana Travadelo, e despois en 1930 e 1931 a mans do técnico Faustino Julio Abuín, proxecto modificado polo arquitecto municipal Rupero Sánchez co arquitecto Francisco Pons. A edil explicou tamén como máis tarde se lle engadirían dúas prantas en 1970. Así mesmo, incidiu nos trazos históricos da praza, proxectada en 1841 polo mestre de obras da cidade, José Sáchez. Nesta liña fixo fincapé na presentación da nova praza, en 1904, inspirada nas prazas e mercados vascos, así como na inauguración do novo edifiio proxectado polo arquitecto municipal Eloy Maquieira en 1942.

A Concelleira tamén falou da última posta en valor das instalacións do mercado, que foron ampliadas anexionando espazos, cambiándose a estética do edificio, tanto interior como exteriormente e renovando as instalacións de luz, e fontanería; así como renovando a iluminación e substituíndo o mobiliario. En canto á praza, Rielo deu a coñecer as distintas tres fases das súas últimas obras, nas que se substituíu a cuberta do edificio, se acondicionou exterior, se liberou o espazo central da primeira pranta, e se acometeu a mellora de accesbilidade, a a novación de iluminación e climatización, así como se construíu un paso peonil entre a praza e o parking.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com