Moción de urxencia do BNG para paralizar a RPT

O BNG presentou hoxe unha moción de urxencia para que se retomen as negociacións co persoal do concello sobre a Relación de Postos de Traballo (RPT). Rubén Arroxo sinalou que “o goberno municipal está a levar a cabo un proceso para a aprobación da relación de postos de traballo do Concello de Lugo que provocou unha profunda división entre a plantilla e non contenta á maior parte das traballadoras e traballadores do Concello”. Rubén Arroxo dixo que “o goberno debe repensar o que está facendo coa proposta da RPT por que non é normal a conflitividade que se despertou entre o persoal do concello”.

Para o BNG é preciso facer un novo deseño da proposta de RPT onde ningunha traballadora nin traballador saia perxudicado. Arroxo lembrou que “é a primeira vez que se produce unha folga de funcionarios neste concello”.  Na iniciativa do BNG solicítase ao goberno local que reinicie o proceso de negociación para a realización dunha Relación de Postos de Traballo (RPT) para o Concello de Lugo, na cal se teñan en conta á totalidade de forzas sindicais existentes na propia institución, ás xefaturas de servizo, e a calquera traballadora ou traballador que así o considere, co fin de crear un documento que teña o maior consenso posible dentro da plantilla.

O proxecto que se está a desenvolver sobre a relación de postos de traballo do Concello de Lugo está a causar unha destacada conflitividade entre as traballadoras e traballadores da propia institución, chegando incluso ao punto de que se leve adiante a primeira folga dentro do propio Concello. “A consigna enviada por parte do goberno municipal, a respecto de que contan co 80% do apoio da Mesa de Negociación, sendo certa, non é real a respecto do sentir xeral das traballadoras e traballadores, polo que non pode servir como aval para levar adiante dito documento” insistiu o voceiro do BNG.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Malas mañas
    Dec 29, 2018 - 08:53 PM

    De que folga están falando estes?? Chaman folga a non ir a traballar disfrutando dias de permiso e vacacios para que non lles desconten??
    Esto non son sindicatos nin defenden nada.

    Reply
  2. Avatar
    gelasio
    Dec 24, 2018 - 09:41 AM

    boas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo