Mondoñedo e Cruz Vermella Española acordan colaborar en materia de acción social

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, e o presidente da Cruz Vermella Española na provincia de Lugo, Luis Abelleira Mayor, asinaron hoxe un contrato de colaboración para o desenvolvemento de actividades en materia de acción social.

En concreto, a Cruz Vermella Española colaborará en actos ou eventos deportivos, sociais, culturais, espectáculos e concertos con concorrencia de público para a dotación do servizo de ambulancias. O Concello de Mondoñedo compensará á Cruz Vermella Española coa cantidade de 4.000 euros. O contrato ten vixencia anual desde a súa sinatura e poderá renovarse automaticamente salvo indicación expresa das partes.

O importe correspóndese coa compensación de gastos ocasionados nun máximo de 50 horas anuais de servizos ordinarios e 25 horas anuais de apoio médico nos preventivos solicitados. No caso de non alcanzar esas horas ou superalas, a compensación de gastos diminuirá ou aumentará na mesma proporción.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo