Mondoñedo xa ten gañador do II Concurso ‘Florea o teu balcón’

O Concello de Mondoñedo vén de facer público o fallo do xurado do II Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ‘Florea o teu balcón’. Estes veciños que ocuparon os primeiros postos recibirán cadanseu diploma acreditativo para colocar xunto ao balcón e unha recompensa económica, que ascende á unha contía de 250 euros para o primeiro posto; 200 euros para o segundo, 150 euros para o terceiro; 100 o cuarto; 75 euros para o quinto premio e, por último, 50 euros para o sexto premio. A entrega de premios farase o sábado 16 de setembro no salón de plenos do Concello, ás 13:00 horas, e estará presidida pola alcaldesa, Elena Candia.

Os gañadores son, do primeiro ao sexto, Albina Iglesias Verdes; Cristina de Palacios Caro; Ángeles Sánchez Armesto ; Óscar López López; Berta Ares Rubiños;e José Manuel Losada Moreda.

O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, agradeceu a participación dos veciños no concurso ao tempo que fixo un balance moi positivo desta segunda edición do Florea o teu balcón, tanto no que respecta ao número de participantes, como no referido ao bo resultado da decoración dos balcóns das vivendas do casco urbano da cidade, incluíndo as do casco histórico e as dos barrios tradicionais de Os Muíños, Os Remedios e San Lázaro, que participaron no concurso. Tanto é así que o resultado final estivo moi disputado, polo que o xurado tivo que votar ata dúas veces para elixir os primeiros postos.

Alberto García explicou que o xurado cualificador integrárono Paloma Vázquez Fernández, xefa da área provincial de Turismo en Lugo; María José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xunta de Galicia en Lugo; María Traveso Lago, coordinadora da área de Turismo da Mancomunidade de A Mariña; así como Mila Orol e Marta Candocia da oficina de rehabilitación do Concello de Mondoñedo e Yolanda López e Fernando Iglesias, profesores do ciclo de agroxardinería e composicións florais do IES San Rosendo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com