" />

Morre o condutor dun camión despois de caer ao río tras saírse da vía en Ribas de Sil

Os Bombeiros de Monforte excarceraron ao condutor, que quedou atrapado nunha parte da cabina do vehículo somerxida na auga.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 21:00 horas deste luns. Foi a esa hora cando un particular informaba dunha saída de vía e, posiblemente, da caída ao río Sil do vehículo.

De inmediato, desde o 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros, aos membros do GES de Quiroga, aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade, que se desprazaron cunha embarcación ata o punto.  Tamén foi precisa a intervención dos operarios do servizo de mantemento da vía e informados o persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Chegados ao punto, os membros do GES confirmaron que o camión estaba na beira do río e parte da cabina somerxida na auga, indicaban que a situación era complexa para achegarse ao vehículo debido á maleza dos arredores. Barallaban, incluso, a necesidade de ter que cruzar o río para socorrer á vítima. Así mesmo, confirmaron que se trataba dun camión de transporte de madeira.

Deste xeito, pasadas as 00:00 horas, os Bombeiros de Monforte comunicaron que, tras localizar ao condutor, excarcerárono do interior da cabina e trasladaron o seu corpo ata o embarcadoiro do mesmo lugar.

Cómpre sinalar que os profesionais do parque de Monforte confirmaron que o camión quedou totalmente cuberto pola auga, agás unha parte da cabina que foi por onde retiraron o corpo da vítima.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo