" />

Morre un home en Pol cando traballaba na súa finca

Un home faleceu esta tarde en Pol mentres retiraba broza da súa finca. Foi localizado, tendido no chan, pola súa dona, que saíu a pedir axuda. Polo momento, descoñécense as causas do falecemento, aínda que barallan a posibilidade de que o home fose golpeado por unha árbore ao caer. 

O sinistro tivo lugar ás 15:30 horas de hoxe no lugar de Vilamide, no concello lucense de Pol. Casualmente, uns membros das brigadas forestais da zona pasaban por alí e botaron unha man á muller. Chamaron ao 112 Galicia e pediron asistencia médica urxente para o señor.

Os profesionais de Urxencias Médicas, alertados polo persoal do 112, acudiron ao lugar e pouco despois confirmaron o falecemento do home. Ademais dos servizos sanitarios, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo