Morre un operario dunha empresa de construción en Castro de Rei

Os feitos tiveron lugar esta tarde, sobre as 15:30 horas, cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, era alertado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dun accidente laboral no lugar de Prevesos, no termo municipal lucense de Castro de Rei.

Tratouse dun operario que traballaba para unha empresa da construción. Segundo se lle informou ao 112 Galicia, o traballador conducía un camión que portaba diverso material, cando ao manipular a carga caeulle unha peza de formigón enriba deixándoo atrapado.

Por iso, acudiron ao punto nada máis ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Vilalba, que liberaron á persoa falecida e os axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com