Morre unha menor ao caer dun cabalo en Mondoñedo

Unha rapaza perdeu a vida esta tarde no concello de Mondoñedo ao sufrir unha caída do cabalo que montaba. Os feitos tiveron lugar na parroquia dos Remedios, en Estelo, arredor das 17:30 horas.

A rapaza caeu nunha zona de difícil acceso, o que dificultou as tarefas para rescatar o seu corpo. Membros do Concello informaron ao persoal do CAE 112 Galicia, que, decontado, avisou a Urxencias Médicas, Protección Civil, Bombeiros de Barreiros e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofres e Emerxencias (GIPCE).

Os servizos de emerxencias continúan no lugar do suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com