Morre unha muller en Begonte ao envorcar o vehículo que conducía

Unha muller faleceu hoxe tras envorcar o vehículo que conducía  cando circulaba pola estrada de Begonte, dirección Friol, á altura do termo municipal lucense de Begonte. Foi un particular o que deu a voz de alarma e chamou ao CAE 112 Galicia, sobre as 08:00 horas de hoxe para pedir axuda.

Indicou que o coche estaba envorcado na cuneta e que podía haber alguén no seu interior. Así, o persoal do 112 Galicia alertou de inmediato a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Vilalba e aos axentes de Tráfico que chegados ao lugar, só puideron confirmar o falecemento da persoa que estaba atrapada no interior do vehículo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com