Neste San Froilán 2020 non haberá casetas de polbo e non será coma todos os anos

O Concello de Lugo  ven de anunciar que “Este ano non se renovaran os pregos do Recinto Feiral nin das casetas do polbo, por  tratarse de dúas zonas nas que se producen masificacións” Declarou a edil de cultura . Asemade informou que “este ano realizarase unha programación distribuída polas distintas zonas da cidade, evitando grandes concentracións de xente e tendo sempre en conta as indicacións das autoridades sanitarias”.

“Debido a que a situación sanitaria pode ter grandes cambios en poucos días, desde a área de Cultura organizaremos as distintas actividades das festas con toda a flexibilidade que sexa posíbel” . En troques si se convocará o concurso de cartaces. para elo un xurado escollerá aos finalistas e logo a veciñanza poderá elixir o gañador.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com