" />

Non todos os xeles hidroalcólicos protexen fronte ao COVID-19

As enfermeiras amosanse preocupadas porque a cidadanía está a comprar e utilizar algúns xeles que non serven fronte ao virus e o seu uso dálles unha falsa sensación de seguridade que pode chegar a expoñelos ao COVID-19 coas consecuencias fatais que isto pode chegar a supoñer. “Hai que lembrar, din as enfermeiras, que as principais armas contra o virus é a hixiene de mans. O ideal sería lavarse con auga e xabón, sobre todo para a poboación xeral, pero somos conscientes de que non sempre temos un lavabo preto onde levalo a cabo. Neses casos débese recorrer aos xeles hidroalcólicos, pero antes de compralos débese ter en conta a concentración de alcol que leva e fronte a que microorganismos é efectivo”, explica o presidente do Consello Xeral de Enfermería. É importante ler a etiquetaxe dos xeles hidroalcohólicos antes de compralos. “Hai que diferenciar entre os xeles higienizantes e os xeles desinfectantes. Para que un xel sexa desinfectante debe ter unha porcentaxe de alcol de entre o 70% e o 90%. @Teniendo en cuenta que o SARS- CoV-2 é un virus debemos comprar hidrogeles con efecto viricida e moi preferiblemente que cumpran a normativa UNE14476”.

Para a súa aplicación é importante lembrar que os hidroxeles caracterízanse por ter unha alta porcentaxe de etanol e por tanto son inflamables, polo que deben estar afastadas de focos de calor como: lapas abertas, faíscas ou calquera fonte de ignición; e evitar fumar inmediatamente despois de usalos ou en lugares onde estean almacenados.

Como desinfectarse de xeito adecuado:aplicar na palma da man unha cantidade de produto suficiente para que chegue a todas as zonas das túas mans. Frega as palmas da man entre si para estender o xel. Frega a palma da man dereita co dorso da man esquerda e viceversa. Frega as palmas da man entre si cos dedos entrelazados. Frega o dorso dos dedos dunha man coa palma da man oposta, agarrándoche os dedos. Non esquezas os teus polgares: frégaos cun movemento de rotación mentres os agárras ca man contraria. Faino con ambalas dúas mans. Frega as puntas dos dedos da man dereita contra a palma da man esquerda facendo un movemento de rotación. Tamén coa outra man. Unha vez secas, as túas mans son seguras.

Estas indicacións son parte dunha campaña da Organización Colexial de Enfermería.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo