Hoxe inaugurouse o novo acuartelamento da Garda Civil en Cospeito. Ao mesmo asistiron o Director Xeral da Garda Civil que estivo acompañado do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o Subdirector Xeral de Apoio da Garda Civil, Tenente Xeneral Adolfo Gomez-Rico; e o Xeneral Xefe da Zona de Galicia, José María Feliz, entre outras autoridades civís e militares.
As novas instalacións do Posto de Cospeito contan con dependencias oficiais para a especialidade de seguridade cidadá e 3 vivendas para os gardas civís e as súas familias.
A edificación, construída sobre un solar de 1.325 metros cadrados de superficie, consta dunha superficie de 542 metros cadrados estruturados en planta baixa e primeira. Na planta baixa sitúanse as dependencias oficiais dotadas de mobiliario novo e na planta primeira as vivendas residenciais.
O Posto conta con 6 axentes (1 sarxento, 1 cabo e 4 gardas civís) e enmarcase dentro da 2ª Compañía da Comandancia de Lugo, xunto cos Acuartelamentos de Guitiriz, Vilalba, Castro de Rei, Meira, Baamonde, Friol, Xermade, Abadín, A Pastoriza e Muras
O Posto abarca a demarcación desta localidade, situada no centro da provincia de Lugo, que conta cunha extensión de 145 km cadrados.