Nova xornada de descenso de casos activos de covid e tamén da presión asistencial, malia aos 62 positivos detectados

Continúan aparecendo novos positivos de covid a un ritmo medio alto na provincia. Nas últimas 24 horas o SERGAS detectou 62 novos casos, nove menos que onte si, pero 14 máis que hai dous días. Un baile de cifras que non frea o descenso desta terceira vaga. 

Mentres que o luns informábamos de 1721 casos hoxe podemos dicir que a baixada xa é unha constante diaria e rexistramos un total de 1437 infeccións activas. Unha cifra alta pero que non viamos dende hai preto de tres semanas. 

A este descenso tamén axuda a importante cantidade de altas médicas que están a recibir as persoas que xa superaron a enfermidade. Nas últimas horas 140 pacientes covid poden dicir que xa están curados. Dende o pasado mes de marzo a provincia xa supera as 9500 persoas curadas.

En canto a presión asistencial, volve a descender levemente aínda que se mantén dende hai varias xornadas en cifras moi semellantes. En total nas plantas de hospitalización se rexistraron nas últimas horas 66 pacientes covid, mentres que na UCI se recuperan 25 persoas. 

Por hospitais, o único con pacientes en críticos é o HULA que ademáis conta con 35 persoas en planta, 7 menos que na xornada de onte; pola contra, o Hospital da Mariña que baleira a UCI, suma un paciente en planta chegando aos 11. Pola súa banda, Monforte continúa con 20 casos covid, todos eles en planta de hospitalización. 

Dende que comezou a crise, superaron a enfermidade un total de 9524 persoas e faleceron 186 na provincia, 197 se se contabilizan os lucenses que faleceron fóra da provincia logo de seren trasladados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com