Novas

Galicia Baleira en pé de guerra contra actitudes “imprensentables” das entidades bancarias

Galicia Baleira o colectivo que comparten a Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños de Ourense, quere facer pública a “desfeita” bancaria levada a cabo de forma unilateral pola maior parte do sistema bancario, ese a o que deben 65.000 millóns de euros e non reintegraron, porque tampouco ninguén llo está esixindo.

Por iso, e ante actitudes impresentables, indignas e posiblemente malvadas ás que somos sometidos por parte deste grupo de entidades, (as máis importantes por numero de clientes de Galicia), queremos e por ser de dereito esiximos ao Goberno español a través do Ministerio de Consumo, ao Banco de España e á Xunta de Galicia, xa que non son suficientes as mobilizacións cidadás nin as respostas e esixencias da maior parte dos Concellos de Galicia.

Fai moi pouco tempo, cando chegabas a unha oficina bancaria todos saudábanche, dábanche unha palmada nas costas, agasallos e detalles persoais e un calendario a fin de ano, como gratitude polo feito de manter unha conta na entidade, a día de hoxe non queren ver a ninguén pola oficina, todos molestamos, se imos realizar movementos bancarios ou xestións só poderalo facer ata as once da mañá e se é a retirada dalgún diñeiro da túa conta ou o pago de recibos, terás que facelo a través do caixeiro que teñen á entrada (un ou dous para todos), cando existen a día de hoxe máis do 75 por cen dos usuarios que non sabe formalizar operacións a través do caixeiro ou as redes informáticas que teñen que pedir axuda para un tema tan persoal e delicado como é que alguén xestione a súa conta aínda que sexa na súa presenza.

Ata hai pouco tempo, podemos dicir, que se eras cliente (tiñas un depósito na entidade), pagabas comisións polo servizo en moi poucos casos, hoxe temos unha onda de comisións de servizos (totalmente inxustificadas, abusivas e tomadas de forma unilateral, sen ter en conta contratos previos e o que leva a un enriquecemento desmesurado como demostran as contas de resultados publicadas polas distintas entidades), hoxe tamén existe un abandono de prestación de servizos básicos aos seus clientes de toda a vida.

Por iso desde Galicia Baleira, non aceptamos unha redución tan drástica na prestación de servizos directos nin ao cargo de comisións desmesuradas, por falta de persoal debido aos recortes e onde os clientes dificúltaselles o pago de recibos limitando esta posibilidade a un horario restrinxido da xornada laboral.

Non admitimos a xeración de colas no exterior das oficinas cunha climatoloxía totalmente adversa, se é preciso en momentos como os actuais por razón de COVID, que faciliten cita previa de hora de prestación do servizo. A rúa como pública que é, non pode estar ocupada polos usuarios da entidade.

Non é aceptable que se estean pechando oficinas no medio rural e afastando os servizos dos usuarios en base aos seus plans de recortes e desprezo total ao medio rural, despois de estarse aproveitando e forrando dos usuarios destas áreas.

Non admitimos que, por falta de persoal ou comodidade ou aforro en nóminas, obríguense aos clientes e usuarios a realizar operacións a través dos caixeiros da entidade, porque moitas dos usuarios non entenden (nin están obrigados a entender) o funcionamento dos caixeiros, en moitos casos as súas pantallas ou os seus teclados son case inoperativos por degaste do equipo, por reflexos lumínicos ou porque o usuario se non porta lentes non consegue ler os textos que aparecen en pantalla. Deben evitarse de forma total esas axudas que persoal de oficinas ofrecen a usuarios para que fagan as súas operacións en caixeiros así recortar os servizos.

É inadmisible que persoal de distintas entidades poida estar a indicar aos seus clientes, se non coñecen a operatividade do caixeiro ou non é visible correctamente a pantalla por parte do usuario, estean a indicarlle, que para operar debe de chegar acompañado doutra persoa.

A quen se lle pode ocorrer semellante barbaridade. Con respecto ás comisións por conta na entidade requirimos anúlense todas (supoñen ao redor de 100 Euros ao ano por conta), xa que a entidade en ningún caso está a pagar ningún tipo de interese ao titular da conta, mentres opera co capital de leste en propio beneficio da entidade. Teñamos en conta tamén que as entidades bancarias non devolveron o diñeiro recibido para o seu rescate ou o seu saneamento cun montante global como dixemos de 65.000 millóns de euros, nin pagaron ata a data ningún tipo de interese ás que deberán esixir xa a súa devolución con interéselos pertinentes.

Se isto non tende a unha solución inmediata, requirimos que todos os entes públicos que teñan convenios con entidades bancarias para o pago de obrigacións ou servizos, condicionen a súa concesión a que a cobranza de recibos realícese en portelo, da forma que o usuario decida, cargo en conta ou pago en metálico, sen comisións por iso e no tramo de xornada laboral completa, o mesmo esiximos para o pago de calquera recibo con ingreso noutra conta da mesma entidade.

Que os usuarios clientes das entidades, anulen das súas contas todo o relacionado con banca electrónica e néguense ao uso de caixeiros, reclamando se é preciso ante as Organizacións de Consumo a súa liberdade de decisión. Que se cumpran os contratos vixentes con anterioridade a todas estas actuacións unilaterais dos bancos.

Pola nosa banda iniciaremos unha campaña de concienciación para boicotear ás Entidades que pechan as súas oficinas no Rural Gallego.


Texto: Galicia Baleira

O PSdeG demanda no Parlamento rematar o porto seco e habilitar un peirao intermodal

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou que defenderá unha iniciativa mañá xoves a partir das 10:30 na Comisión de Ordenación e Obras Públicas do Parlamento, co fin de demandar rematar, na maior brevidade posible, a conexión do Porto Seco de Monforte de Lemos coa N-120, así como habilitar un peirao intermodal no Porto Seco.

Así o anuncio hoxe a Voceira de Infraestruturas, acompañada do Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Deputación, José Tome Roca nesta mesma plataforma loxística. O alcalde dixo que “o goberno de Feijóo ten que actuar xa, é necesario reactivar este proxecto. Precisamos de compromisos claros e orzamento para reactivar esta dotación, que será unha infraestrutura vital para o futuro desenvolvemento da provincia de Lugo. O Goberno de Feijóo non pode seguir dándonos ás costas”, advertiu.

Os socialistas lembran que “o informe do Eixo Atlántico de 2016, sobre o Porto Seco de Monforte de Lemos, reflicte que: “é un proxecto que leva demasiados anos estancado, especialmente se consideramos a importancia que ten, dende o punto de vista estratéxico e económico, non só para o eixe interior de Galicia, o menos desenvolvido, senón para a fachada marítima, en termos portuarios, e, para o conxunto dunha Eurorrexión na que viven 7 millóns de cidadáns, e na que intentan traballar sen ter que emigrar novamente, a maior parte deles”.

Dende o PSdeG lembran que “este proxecto de plataforma xa foi anunciada por Manuel Fraga no ano 2011, e inaugurada por Feijóo no ano 2014. Pero lamentablemente 7 anos despois desta inauguración non existe alí instalada ningunha empresa”. Por iso entendemos que “é urxente e necesario que canto antes se lle poña remedio a estas carencias, e que dunha vez por todas o Goberno de Feijóo cumpra os seus compromisos con Monforte de Lemos”.

Así as cousas, na iniciativa rexistrada argumentan que “o Porto Seco de Monforte é competencia da Xunta, pero tal e como se pode comprobar téñeno totalmente abandonado e esquecido, e non atenden á necesidade de dotar a este centro loxístico duns accesos que lle permitan ser operativos mediante o viario de conexión coa N-120. Ademais, actualmente segue pendente a execución do tramo de menos de 1 km que contemplaría os accesos do Porto Seco coa N-120. Ata o de agora o seu único é a via que une Monforte coa Pobra de Brollón, unha vía de comunicación estreita e sen beiravía, pouco axeitada para o tipo de tráfico que debe de xerar este parque empresarial”.

“O Goberno de Feijóo nin se quera foi capaz de construír o peirao de carga e descarga, un dispositivo fundamental para que o parque industrial se poida considerar intermodal, xa que sen un sistema así non sería posible o transvase de mercadorías operativo entre a terminal ferroviaria e nas parcelas acondicionas ao seu lado”, sinala Patricia Otero.

Vilalba inicia as obras para a renovación integral do parque da alameda de Basanta Olano

O Concello de Vilalba informa do comezo das obras para a reforma integral do parque infantil da Alameda de Basanta Olano. A actuación consiste na renovación do pavimento amortiguador de seguridade, a colocación dun sumidoiro que recolla as augas pluviais da praza e elimine os problemas de humidade, a retirada dos xogos existentes e a colocación de novos xogos e aparatos homologados.

Tamén se colocarán mamparas de policarbonato na parte norte e oeste do parque, co obxectivo de evitar as caídas a distinto nivel e cumprir coa normativa vixente.

“É un proxecto de máis de 30.000 euros que servirá para renovar por completo o espazo”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infrestrututuras de Vilalba.

O Concello de Lugo recorrerá ante ao TSXG ao considerar improcedente a última resolución do TACGAL sobre o contrato do lixo

O Concello de Lugo recorrerá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o que considera como inxerencias cometidas polo TACGAL (Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia) sobre o procedemento do contrato de limpeza viaria e recollida de lixo.
A administración entende que o organismo autonómico excedeu as súas competencias en materia de contratación ao entrar a avaliar aspectos urbanísticos do prego que obrigarían a admitir a unha das 6 empresas que foron descartadas durante o proceso.

“Cuestións que non gardan relación coas materias polas que debe velar o TACGAL e que contradín os criterios dos técnicos municipais especialistas no campo urbanístico que informaron o expediente e nos que se sustentou a decisión da Mesa de Contratación”, indicou o tenente de alcaldesa e portavoz do Goberno local, Miguel Fernández.

O Goberno local denuncia así que as frecuentes suspensións que está a sufrir o proceso – que até o momento foi paralizado en tres ocasións (en xaneiro, maio e agosto de 2021) – están a atrasar a posta en marcha dun “servizo que resulta esencial para a cidade en tanto afecta ao seu aseo e, consecuentemente á súa imaxe, comprometendo, á vez, á salubridade pública”, manifestou o voceiro do Executivo quen tamén recordou que concluír a súa licitación “é unha das principiais prioridades da alcaldesa, Lara Méndez, consciente de que se trata dunha das maiores necesidades que ten Lugo e á que quere dar resposta coa maior axilidade posible”.

O tamén edil de Medio Ambiente explicou que “dende o Concello, atendimos con celereidade e en todo momento os requirimentos do TACGAL e fomos quen de entregarlle toda a documentación que nos solicitou acreditando sempre a solvencia dos pregos dun xeito impecable tanto dende o punto de vista técnico como xurídico. Porén, seguimos sen poder avanzar nin concluír a licitación mentres o contrato en vigor se atopa prorrogado e, polo tanto, non nos permite cubrir cos estándares de calidade que queremos e cos que podemos desenvolver esta prestación”, engadiu Fernández.

“Falamos dunha adxudicación que duplica o custo da anterior e supera os 134 millóns de euros nos 10 anos aos que se atopa limitada a súa execución, o que a converte na de maior contía económica do municipio xa que suporá ao redor do 13% de cada orzamento anual. Se esquecer tampouco que afecta a un aspecto fundamental do municipio como é a súa limpeza e a retirada dos residuos que xeramos”, referiu o tenente de alcaldesa.

Miguel Fernández lembrou que o novo contrato suporá un cambio cuantitativo e cualitativo na prestación pero tamén na percepción que a cidadanía terá sobre a calidade da mesma.

“O novo servizo incluirá a execución de todas as operacións precisas para a consecución da mellor limpeza posible dos espazos públicos, beirarrúas, calzadas e zonas peonís, incluídas as manchas no pavimento, as follas ou froitos do arboredo, os residuos voluminosos, así como os excrementos de animais e as herbas que proliferan nos bordos, beirarrúas e escaleiras, ademais das pintadas. Tamén como tarefa ordinaria contemplará o aseo e baleirado de papeleiras e incrementarase non só a frecuencia coa que se realizan os labores, senón tamén o número de dispositivos especiais que se desenvolverán acordes a existencia de áreas de alta densidade residencial, contornas industriais, ou zonas como o mercado, praza de abastos, mercadiños ou espazos de ocio, axustándose ás necesidades específicas de cada un deles”, indicou o concelleiro.

A adxudicataria deberá, ademais, renovar a totalidade dos colectores actuais – case 3.700 en todo o termo municipal – e aumentalos ata un mínimo de 4.200, incorporar a recollida selectiva orgánica, de aceites, téxtil e a compostaxe individual e comunitaria e incrementar o persoal, a maquinaria e os vehículos, que deberán ser de gas natural, eléctricos ou híbridos. Igualmente, outros dos requisitos que figuran nas bases é a creación dunha planta de gas para a subministración de todo o parque móbil municipal.

“Adiar a súa entrada en vigor é poñerlle freo ao progreso e supón un grave prexuízo para Lugo, ao noso entender, a todas luces inxustificable que está impedindo que a veciñanza dispoña dun servizo de calidade, adecuado ademais ás esixencias sanitarias actuais e, sobre todo, que camiñe en consonancia co modelo de cidade á vangarda da sostibilidade que xa somos”, concluíu Miguel Fernández.

 

O Concello inviste 295.000 euros en subvencións aos clubs deportivos da cidade

O Executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes que dirixe Mauricio Repetto, apoiará con 295.000 euros que unha decena de clubs sigan desenvolvendo o seu labor.

A Xunta de Goberno Local aprobou, na sesión celebrada esta semana, a adxudicación – polo procedemento de concesión directa mediante convenio – dun total de dez achegas económicas ao Ensino C.B, Emeve, Estudiantes C.B, Fefeme, Triatlón Cidade de Lugo, Club Ciclista Cidade de Lugo, Escudería Miño, Gestop Rallye Team, Club Fluvial e Club Natación Porta Miñá.

concelleiro indicou que “estas axudateñen, dentro do seu cometido, a promoción e impulso da práctica deportiva na cidade ao tempo que se constitúen como unha fonte de recursos primordial para moitas entidades e asociacións que operan neste ámbito, posibilitando, así, a continuidade do seu labor. Un traballo fundamental – engadiu Mauricio Repetto – que resulta imprescindible para darlle proxección ao talento local e que nestes momentos precisa atopar a man tendida das administracións para facer fronte, como tantos outros sectores, ás consecuencias da pandemia”.

Outros asuntos da Xunta de Goberno Local

Por outra banda, dentro da orde de asuntos que se abordaron na sesión desta semana, o equipo de Goberno autorizou a concesión de catro licenzas urbanísticas para a restruturación dun edificio na Rúa Nova, a reforma dunha nave interior na rúa dos Carpinteiros, a demolición doutra na dos Canteiros así como para a construción dun anexo vinculado a unha vivenda tradicional na parroquia de Carballiño. Actuacións que, no seu conxunto, suman un investimento na cidade de 850.000 €.

Así mesmo, xa en materia de persoal, foi designado o Tribunal Cualificador para o proceso selectivo de doce prazas de bombeiro/a condutor/a e nomeouse a un novo letrado/asesor que fornecerá a estrutura da Asesoría Xurídica Municipal en Comisión de Servizos durante o prazo dun ano prorrogable por outro máis.

González Formoso insta a “unir dentro do PSdeG para sumar fóra”

Valentín González Formoso expresou hoxe a necesidade de “unir dentro do PSdeG para sumar fóra” e afirmou que “a candidatura que eu represento o ten claro, así o levamos facendo desde que nos incorporamos ao servizo público da política e así seguiremos, levamos este estilo no ADN”.

Formoso destacou que “a militancia está reclamando un liderado que sume e que una ao PSdeG” e transmitiu unha mensaxe “positiva” para poñer en valor o proceso de Primarias á Secretaría Xeral do partido, que está a levar “con absoluta normalidade” e do que cree que “debe confrontar proxectos, non persoas”. “Pola miña parte nunca escoitaredes crítica fóra dos órganos do partido, nunca o fixen, nunca o farei e menos a un compañeiro”, subliñou.

O candidato continuará esta tarde a súa axenda de encontros coa militancia por toda Galicia, que o levará a Ribadavia (19 horas, Igrexa da Madalena) no que será a súa primeira visita en campaña á provincia de Ourense.

As Mercedes acollen as probas do ‘GaliciaSkills’ na especialidade de climatización e refrixeración

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes de Lugo acolle hoxe as probas do GaliciaSkills na especialidade de climatización e refrixeración, na que compite co CIFP Valentín Paz Andrade, de Vigo, e o CIFP Coroso de Ribeira.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou aos participantes e subliñou que o CIFP As Mercedes é a única sede lucense das once previstas no campionato. Esta sexta edición conta con máis dunha vintena de probas e participan máis de 40 centros educativos galegos, entre eles tamén o CIFP Politécnico de Lugo, o IES María Sarmiento de Viveiro e o IES Lois Peña Novo de Vilalba.

É unha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e ten por obxectivo difundir e “poñer en valor a calidade da Formación Profesional que se imparte en Galicia”, segundo afirmou Arias.

Os participantes deben demostrar a súa competencia profesional en distintas modalidades de FP e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia. Así, na proba de hoxe dispoñen de oito horas para completar a instalación dun circuíto de refrixeración nunha maqueta. Os xuíces, profesores especialistas de distintos institutos, valorarán tanto o tempo empregado como a destreza, o funcionamento ou mesmo a orde e limpeza no posto de traballo, entre outros factores.

Alumnos e alumnas do CIFP As Mercedes competirán noutras tres especialidades máis ao longo desta semana. Así, participarán na proba de Pintura do automóbil que se desenvolverá en Vigo, e nas de Deseño mecánico e Tecnoloxía do automóbil en Ferrol. Os gañadores de cada categoría acudirán o próximo mes de novembro ao SpainSkills, de ámbito estatal.

O Xulgado ordena que a causa sobre branqueo de capitais na Fábrica da Luz de Lugo forme parte da peza principal da Pokemon

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo acordou a acumulación á peza principal da denominada operación Pokemon da causa por branqueo de capitais aberta contra un exedil do Concello de Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil e un empresario. Nesta última investigáronse a contratación do proxecto, execución de obras e explotación da antiga Fábrica da Luz de Lugo, así como o concurso de adxudicación da publicidade nos autobuses urbanos e a elaboración do prego de condicións para adxudicar o servizo municipal de autobuses.

O maxistrado, do mesmo xeito que indicou a Audiencia Provincial nun auto, lembra que, procesualmente, se podería seguir a tramitación da causa por branqueo con independencia da que instrúe os posibles delitos orixe das ganancias sobre as que opera a figura do branqueo de capitais, con todo, “non se pode obviar que se trata, inequivocamente, de delitos conexos e que deberían ser xulgados conxuntamente”.

Por tanto, segue o criterio da Audiencia, que estima que se trata “duns feitos que conviría que fosen axuizados no seu conxunto en atención á conexión entre todas as condutas”.

O Concello aprobará hoxe a eliminación da pasarela “provisional” de San Roque, logo de 30 anos

O executivo de Lara Méndez aprobará esta mañá, definitivamente, a urbanización da Esquina de San Roque.

Un proxecto co que a alcaldesa pretende non só poñer en valor un enclave no que conflúen dous Bens Mundiais, como son o Camiño Primitivo e a Muralla, senón tamén dignificar unha das principais entradas ao recinto histórico da cidade.

O proxecto, autorizado inicialmente en maio, recibirá agora o visto bo definitivo da Xunta de Goberno, logo de recibir o informe favorable da Dirección Xeral de Protección do Patrimionio Cultural e concluír o procedemento burocrático. 

“Trátase dunha intervención tremendamente importante, en tanto poderemos avanzar, por fin, no acondicionamento dunha contorna moi especial ao tempo que se resolven, dunha forma axeitada, respectuosa e permanente as comunicacións de tráfico peonil e rodado en toda a zona”, sinalou a alcaldesa en alusión a antigüidade da pasarela metálica que “Notario Vacas instalou como provisional hai máis de 30 anos”.

A rexedora lembrou, igualmente, que “o paso que se dará mañá é posible porque no anterior mandato (xaneiro de 2019), conseguimos impulsar a aprobación en Pleno da modificación do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior, “que precisou á súa vez do permiso do ICOMOS, para poder levala a cabo. Unha cuestión imprescindible para desbloquear a situación na que se atopaba esta unidade dende hai xa catro décadas”, afirmou.

A actuación prevista implicará a erradicación daqueles espazos que, pola súa configuración actual, resultan insalubres ou entrañan situacións de risco para a veciñanza como pode ser a pasarela de acceso aos establecementos comerciais. Isto reverterá, igualmente, noutros aspectos da seguridade cidadá, de forma especial en horario nocturno, porque a reforma pretende minimizar as consecuencias para a poboación por cuestións de xénero, imbricándoa así no espírito da cidade amable e integradora que persegue o goberno de Lara Méndez.

“As solucións aportadas permitirán que o fluxo peonil da Rolda da Muralla teña a súa continuación cunha beirarrúa de 4 metros de ancho, que actualmente non existe, que conectará co espazo que dá acceso ao edificio lindeiro cara a rúa Montero Ríos. Farase grazas á cesión de terreos por parte da iniciativa privada para mellorar o tránsito peonil”, abondou a rexedora ao tempo que indicou que o tráfico rodado verase tamén mellorado co ensanche da rúa San Roque, ampliándose o ancho dos dous carrís de enlace coa Rolda da Muralla  e incorporando un novo viario para o acceso ao Carril das Flores, onde coexistirán o tráfico peonil e o rodado restrinxido, cun tratamento de firme diferente ao ser Camiño Primitivo. Neste caso, usarase granito con formigón desactivado, que é o que está a preferir Patrimonio”.

Este tratamento diferenciado prolongarase ata o paso de peóns do inicio de San Roque, para que o acceso rodado sexa máis gradual. Así mesmo, o Carril das Flores terá un ancho aproximado de 6 metros na súa zona máis ampla, e de máis de 4 metros na zona de acceso desde a Rolda da Muralla.

Os muros que se xerarán pola diferencia de cota que vai producir entre Carril das Flores e a Rolda da Muralla revestirase de sillería de pedra ou cunha solución semellante para integralo na súa contorna. O muro do lindeiro do Carril das Flores máis próximo á futura edificación resolverase cunha baranda.

Lara Méndez sinalou, alén, que a nova urbanización permitirá desenvolver posteriormente neste enclave unha superficie de 607 metros libres para edificacións e espazos para a cidadanía.

123.757 € e un prazo de execución de 6 meses

Entre outros detalles máis técnicos do proxecto, a proposta de actuación contempla obras de demolición e reposición de pavimentos na calzada, apertura de gabias para redes de servizos, derruba de muros e de dúas edificacións en San Roque (números 5 e 7), así como a construción da infraestrutura para a nova beirarrúa, “obras que afectan ao subsolo nunha zona de ámbito PEPRI polo cal será a obrigatoria a realización das escavacións arqueolóxicas o que esixe, á súa vez, un proxecto de control permanente sobre as mesmas”, recordou Lara Méndez.

Os traballos completaranse, asemade, coas medidas necesarias para o establecemento da prioridade peonil do devandito Carril das Flores, incorporando elementos de sinalización e regulación viaria e, en canto ao deseño do firme, procurarase a continuidade do trazado do Camiño sobre a rúa de San Roque e a Rolda da Muralla, sen perder de vista a futura perspectiva dunha recuperación total dos usos peonís en todo o ámbito, dentro dos futuros plans de mobilidade e circulación que poida deseñar o Concello.

O proxecto, que será executado pola iniciativa privada, ten un orzamento de 123.757 euros e conta cun prazo de execución de 6 meses

A Asociación Si, hai saída alerta sobre un probable aumento da violencia machista durante o S. Froilán e apela a implicación da cidadanía

Desde a Asociación Si, hai saída queremos alertar sobre a probabilidade de que os episodios de violencia machista se vexan incrementados durante as festas de S. Froilán, algo que xa detectamos en anos anteriores, xa que a vida social mais intensa que se adoita facer nestes días, hai que engadir o maior consumo de alcohol e mesmo doutras sustancias, que poden, e
de feito o fan, potenciar a agresividade xa existente ou latente nalgúns maltratadores.
Se ben isto ocorre, como dicimos, cada ano, neste o risco é aínda maior, despois dun período moi prolongado de severas restricións, tras o cal os desexos de diversión son, como é lóxico, moitos, pero tamén se eleva o risco de que se produzan mais condutas agresivas, especialmente no eido da violencia machista.
Desde Si, hai saída facemos un chamamento a colaboración de toda a cidadanía, a cal pregamos encarecidamente que, se presencian algún episodio de violencia machista ou ante a sospeita de que se estea a producir NON DEIXEN DE DAR A VOZ DE ALARMA, xa que non esquezamos que, malia que estas agresións se poden dar en calquera contexto e, por suposto, entre parellas de calquera idade, nestas datas festivas son mais probables entre parellas moi novas, mesmo adolescentes, que, na maioría dos casos, por medo, por vergoña, ou mesmo por considerar que se trata dun feito esporádico motivado polas causas
que acabamos de citar non se volverá a repetir, algo que, por desgraza, nunca é así, agocharán e, por suposto, non serán denunciadas.
Un xesto tan sinxelo coma unha chamada telefónica (091- P. Nacional / 092- P.Local), pode salvar unha ou mais vidas.
NON ESQUEZAMOS QUE A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO É ALGO QUE NOS INCUMBE A TOD@S.
Asociación Si, hai saída


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com