" />

O Concello inviste 295.000 euros en subvencións aos clubs deportivos da cidade

O Executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes que dirixe Mauricio Repetto, apoiará con 295.000 euros que unha decena de clubs sigan desenvolvendo o seu labor.

A Xunta de Goberno Local aprobou, na sesión celebrada esta semana, a adxudicación – polo procedemento de concesión directa mediante convenio – dun total de dez achegas económicas ao Ensino C.B, Emeve, Estudiantes C.B, Fefeme, Triatlón Cidade de Lugo, Club Ciclista Cidade de Lugo, Escudería Miño, Gestop Rallye Team, Club Fluvial e Club Natación Porta Miñá.

concelleiro indicou que “estas axudateñen, dentro do seu cometido, a promoción e impulso da práctica deportiva na cidade ao tempo que se constitúen como unha fonte de recursos primordial para moitas entidades e asociacións que operan neste ámbito, posibilitando, así, a continuidade do seu labor. Un traballo fundamental – engadiu Mauricio Repetto – que resulta imprescindible para darlle proxección ao talento local e que nestes momentos precisa atopar a man tendida das administracións para facer fronte, como tantos outros sectores, ás consecuencias da pandemia”.

Outros asuntos da Xunta de Goberno Local

Por outra banda, dentro da orde de asuntos que se abordaron na sesión desta semana, o equipo de Goberno autorizou a concesión de catro licenzas urbanísticas para a restruturación dun edificio na Rúa Nova, a reforma dunha nave interior na rúa dos Carpinteiros, a demolición doutra na dos Canteiros así como para a construción dun anexo vinculado a unha vivenda tradicional na parroquia de Carballiño. Actuacións que, no seu conxunto, suman un investimento na cidade de 850.000 €.

Así mesmo, xa en materia de persoal, foi designado o Tribunal Cualificador para o proceso selectivo de doce prazas de bombeiro/a condutor/a e nomeouse a un novo letrado/asesor que fornecerá a estrutura da Asesoría Xurídica Municipal en Comisión de Servizos durante o prazo dun ano prorrogable por outro máis.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo