Novas denuncias da Policía Local por incumprimento das normas da Covid-19

Unha vez mais a Policía local de Lugo  tivo que realizar varias denuncias por mor de que segue habendo persoas que seguen a incumprir as normas das autoridades sanitarias como se fora unha cousa que non lles atinxe. Así ás 6:30 horas do 11 de outubro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Campos Novos, xa que nun piso de estudantes está a levarse a cabo unha festa.

Os axentes comproban como se escoita ruído de música en ton alto, voces de persoas e unha botella de cervexa dun litro tirada fronte á entrada da vivenda. Identifícase á responsable, comprobando que no interior hai SETE persoas máis, todas sen máscara, sen que ningún dos participantes fosen conviventes e sen manter distancia de seguridade algunha.

Os axentes identifican a todos os mozos e levántanse SETE actas denuncia, propoñendo sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia, xa que a vixente normativa da Consellería de Sanidade indica que nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene.

Así mesmo levantáronse DÚAS actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar unha patrulla dúas persoas que transitaban por vía pública sen facer un uso correcto da máscara xa que non cubría nin o nariz nin a boca, subíndoa cando observaban a presenza dos axentes e baixándoa ao ausentarse.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com