" />

Novo aumento de casos activos tras un importante descenso dos contaxios e das altas

A cuarta vaga da Covid parece que quere ir chegando á nosa provincia. Mentres no resto de Galicia o número de casos vén aumentando considerablemente nas últimas xornadas, Lugo manténse con pés firmes na estabilidade cunha tendencia leva á suba. 

Así na última xornada, o SERGAS revelou unha suba lixeira dos casos activos, habitual hacia finais de semana, e que fai que no día de hoxe a provincia de Lugo sume 211 infeccións. 

Unha suba que vén dada por unha importante baixada no número de altas que pasaron de ser 15 antonte a tan só 5 no día de onte. Malia que os positivos detectados tamén descenderon de forma significativa pasando dos 16 aos 7, o feito de que haxa máis positivos detectados que altas é o que está a facer subir os totais. 

Con todo, os datos da provincia non son os peores, lembramos que hai dous meses a provincia superaba os 800 casos activos. 

O que pode chegar a ser unha preocupación é saír da estabilidade en canto á presión asistencial. Un aumento dela podería chegar a dar problemas nos hospitais. Así nas últimas horas aumentaron o número de ingresados en Lugo e A Mariña, en total son 4 os pacientes en planta de hospitalización no HULA, 3 no Hospital da Costa, un máis cada un. Mentres o Hospital de Monforte continúa con 2 pacientes covid en planta. A UCI do Hula continúa estable con 4 casos covid. 

Novos gromos por Concellos

Por concellos, o SERGAS rexistra tres gromos importantes. O máis grande é o localizado na Mariña e que afecta a media docena de municipios, foi detectado hai un mes de xeito fortuíto nunha PCR rutinaria a un ingresado por un accidente e xa suma 55 casos. Sanidade asegura que está controlado e as cadeas de transmisión acotadas. 

Doutra banda, 16 persoas conforman un gromo en Chantada, entre elas varios alumnos dos centros educativos da localidade polo que o SERGAS xa programou para mañá un cribado entre a mocidade. Para finalizar, a capital conta cun novo gromo localizado hai uns días, que suma 12 persoas de tres vivendas diferentes dunha das parroquias rurais da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo