" />

Novo aumento de casos covid na provincia tras detectar 17 positivos novos e celebrarse tan só 9 altas médicas en pacientes co virus

Novo aumento de casos covid na provincia de Lugo tras detectarse unha importante suba nos positivos detectados na última xornada e rexistrarse unha baixada das altas médicas en pacientes infectados de coronavirus. 

Así o relata o último informe do SERGAS con datos recollidos ata as 6 da tarde de onte no que se cifran en 17 os positivos detectados na última xornada, 4 máis que na xornada anterior na que, ademáis, o número de infeccións activas víñase mantendo en 204. 

No día de hoxe, esta cifra subiu xa ata os 215 casos activos, aumentando un total de 11 casos en 24 horas. Esta suba tamén foi debida ás poucas altas médicas rexistradas en pacientes co virus que pasaron de ser 14 na xornada do luns a tan só 9 na de onte. En total, dende o inicio da pandemia Lugo rexistrou un total de 11974 altas de pacientes covid. 

E no tocante á presión asistencial que na xornada do luns aumentaba de forma considerable, hoxe experimenta un lixeiro descenso. Mentres que o HULA e o Hospital da costa baixaban nun paciente cada un, o Hospital de Monforte gañaba un. Polo que, en cifras totais a provincia tan só descende nun paciente en planta de hospitalización. Pola contra, os casos na UCI mantéñense en 4 dende hai 8 días. 

Sen novas restricións

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparecía en directo para informar das últimas medidas que o Goberno Galego implantará na comunidade logo de escoitar ao Comité Clínico que se reunía na tarde de onte. Comesaña anunciou os cambios no mapa de restricións que entrarán en vigor a partir do venres. Neste senso, a provincia de Lugo continuará como ata o momento. E dicir, no nivel alto de restricións estará Meira e no medio permanecerán Trabada, Barreiros e Chantada. Os demais concellos da provincia quedarán no nivel medio-baixo. 

Ampliación do periodo de rastrexo

Malia as mostras de optimismo do propio Conselleiro que afirmou que “xa queda menos camiño” para chegar ao fin da pandemia, baseándose na evolución epidemiolóxica; Comesaña explicou ante os medios que o continuo aumento de casos que se están a dar na comunidade impide ás autoridades continuar na desescalada. 

Neste senso, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, anunciou que os expertos decidiron ampliar o periodo para considerar a unha persoa contacto dun positivo. Así, o rastrexo de contactos ao detectar un caso positivo pasará das relacións de dous días anteriores ás de sete días e incluirá, ademáis, a participantes en reunións con afluencia aínda que levasen posta a máscara.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo