" />

Novo xulgado do social en Lugo

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, ven de informar que o Boletín Oficial do Estado publicou o Real Decreto polo que se crea un novo xulgado do social en Lugo.

Isabel Rodríguez manifestou que “ trátase dunha importante noticia para Lugo, xa que o novo xulgado axudará a aliviar a importante carga de traballo na xurisdición social, que se agravou como consecuencia da crise producida pola pandemia”. Este novo xulgado de Lugo figura entre as 33 unidades xudiciais que se crean dentro do Plan de medidas urxentes.

O Real Decreto que hoxe publica o BOE explica que “a Administración de Xustiza sufriu unha ralentización significativa como consecuencia da crise sanitaria, polo que se debe procurar dar unha saída áxil ao volume de procedementos suspendidos e acumulados desde que se decretou o estado de alarma”.

Ademais considera que é importante “afrontar e resolver os problemas xerados pola propia crise no normal funcionamento da Administración de Xustiza, canalizando o previsible incremento da litixiosidade”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo