" />

O 17º Festival Ribeira Sacra organiza unha ruta guiada polos miradoiros de Sober

O 17ºFestival Ribeira Sacra, que ten como principal impulsor económico á Deputación de Lugo, organiza dentro das súas actividades paralelas aos eventos musicais Para sentir o territorio, unha ruta guiada polos miradoiros de Sober, durante a xornada do sábado 28 de xullo, coa fin de dar a coñecer o patrimonio paisaxístico e natural no territorio da Ribeira Sacra. Trátase dun treito seleccionado de 7,5 quilómetros, da Ruta dos Miradoiros no Concello de Sober, de 46 quilómetros, que terá unha duración estimada de 3 horas e media e será de dificultade media.

A ruta sairá ás 9:00 horas do Miradoiro de Cividade, polo que as persoas interesadas deberán presentarse ás 8:30 horas na Praza da Compañía de Monforte (diante do Colexio Nosa Señora da Antiga), lugar escollido como punto de encontro. A ruta transcorrerá polo Concello de Sober ata o Escenario Alhambra-Miradoiro de Santiorxo, último punto do roteiro, ao que se chegará con tempo para asistir ao concerto de Elvis Perkins neste miradoiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo