O barrio de San Fiz acollerá este domingo a terceira proba do Circuíto Corre con Nós “Corre con Elas”

O barrio de San Fiz acollerá este domingo, 24 de marzo, a terceira proba do XX Circuíto Larsa Corre con Nós. A carreira popular, organizada pola concellería de Xuventude e Deportes, celebrarase en horario de mañá, baixo o lema “Corre con Elas”, estando enmarcada dentro da programación de actividades do Concello con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

 

“Queremos dedicarlle esta proba a todas as nenas, mozas e mulleres que cada ano participan neste circuíto de carreiras e que son exemplo de constancia e superación”, explicou o edil Jorge Bustos, quen avanzou que “ao finalizar as probas haberá diversos agasallos conmemorativos, con motivo desta efeméride coa que queremos reivindicar unha igualdade real e efectiva en todos os ámbitos da sociedade “.

 

O concelleiro subliñou que “nesta terceira cita do calendario está prevista a participación de máis de 600 atletas de todas as idades, se ben xa son máis de 1.600 as persoas inscritas no circuíto, coa previsión de que esta cifra continúe incrementándose coas novas probas que restan para completar as seis carreiras que o compoñen”.

 

As probas deste domingo disputaranse nun novo circuíto de asfalto, que se estrea como novidade este ano polo entorno do barrio de San Fiz con saída e chegada preto da sede da Policia Local na rúa Rof Codina. O inicio das probas será a partires das 12:00h na seguinte orde:

 

o       12:00 h: MINI (cumplen 5 a 7 anos no 2024): 300 metros.

§       https://racemapp.com/recorrido/1194-corre-con-nos-sanfiz-minis

o       12:05 h : SUB10 SUB12 (entre 2009 e 2012): 1.300 metros.

§       https://racemapp.com/recorrido/1193-corre-con-nos-sanfiz-sub10sub12

o       12:15 h : SUB14 SUB16 (entre 2005 e 2008): 2.400 metros.

§       https://racemapp.com/recorrido/1192-corre-con-nos-sanfiz-sub14sub16

o       17:30 h: ADULTOS (2004 e Anteriores): 4.800 metros.

§       https://racemapp.com/recorrido/1191-corre-con-nos-sanfiz-absoluta

 

A proba discorrerá polas seguintes rúas que permanecerán cortadas durante a mañá do domingo entre as 11:30 e as 13:30 horas aproximadamente.

 

o       Rúa Rof Codina (desde Virxe da Esperanza)

o       Rúa Virxe da Esperanza (entre Rúa Montiron e Travesía Virxe da Esperanza)

o       Travesía Virxe da Esperanza

o       Rúa Montirón (desde Virxe da Esperanza ata Rof Codina)

 

Ao finalizar as carreiras e como ben sendo habitual todas e todos os chegados á meta recibirán o avituallamento oficial do circuíto que correrá a cargo dos patrocinadores e colaboradores, como son Larsa e Coca Cola. Así mesmo, a organización disporá a carón da saída de baños portátiles e porá a disposición o servizo de duchas nas Pistas de Atletismo Municipais Gregorio Pérez Rivera. Unha vez finalizada a proba poderanse comprobar os resultados e a clasificación provisional do circuíto na web oficial do mesmo www.correconnos.com

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com