O BNG-AA denuncia o perigo existente nas inmediacións da Fábrica da Luz e pide o acondicionamento do entorno

A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, advertiu da situación na que se atopa o peche perimetral da zona de obra que rodea a Fábrica da Luz e anunciou que o BNG – AA reclamará do concello de Lugo que lle esixa á empresa responsable o seu mantemento axeitado “para evitar un accidente ou que calquera persoa poida sufrir danos dado o estado da pasarela que cruza sobre o río”. Toda a zona que se atopa dentro do peche perimetral da obra está chea de maleza e sen coidados de ningún tipo.

Maite Ferreiro fixo fincapé no estado de deterioro no que se atopa a pasarela sobre o río que leva ata o caneiro, mostrando que “polo seu mal estado, supón un auténtico perigo para que calquera persoa que se meta a camiñar”.  En nome do BNG-AA, Maite declarou: “Entendemos que o goberno municipal terá que tomar as medidas necesarias para obrigarlle á empresa responsable das obras a manter o peche e a sinalización nas debidas condicións”.

Por último, engade que na zona das Saamasas, existe unha ampla zona co valado de obras que se atopa nun lamentable estado de abandono. Dende fai máis de 6 meses non fixo mantemento da herba nin se actuou para impedir a proliferación de maleza co conseguinte deterioro dun terreo público “que agora no verán é visitado por miles de persoas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com