O BNG-AA proporá que se fagan públicos os inmobles da Igrexa que non pagan IBI

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, trasladou unha petición á mesa de elaboración de ordenanzas fiscais, que se reuniu hoxe, para que se fagan públicos os datos sobre as propiedades da igrexa que non pagan o Imposto de Bens Inmobles (IBI), no termo municipal de Lugo. Arroxo dixo querer “que se saiba todo o que a igrexa non paga ao Concello” e apuntou que “o goberno debe traballar para cobrar o que a igrexa non paga grazas a un acordo do Vaticano coa ditadura, para saber canto é a débeda que ten con Lugo”.

O voceiro nacionalista animou ao goberno local a tomar medidas “valentes” que sirvan para “sacarlle as cores e poñer en evidencia a entidades que non pagan impostos, sobre todo cando sacan beneficios de negocios moi, moi lucrativos”.

O BNG tildou de “especialmente grave” que a igrexa se ampare na lei de mecenazgo para evitar o pagamento de impostos polos negocios empresariais que posúe e que están en competencia directa con outras iniciativas empresariais que, si, teñen a obriga de tributar.

No caso do aparcadoiro do seminario de Lugo a igrexa católica acóllese a esta lei de mecenazgo para evitar pagarlle ao concello de Lugo o IBI polo negocio de aparcadoiro. No caso do resto dos inmobles é un acordo establecido entre o estado español e o estado vaticano, no ano 1979, o que exime de pagamento aos edificios adicados ao culto, residencia do clero ou seminarios.

Arroxo dixo que “os lucenses deben saber quen paga e quen non” e ironizou “pediremos que se colgue na porta do concello e que se lea no pregón do San Froilán, igual que se fai en moitas parroquias coas cuotas da festa”.

Outras propostas

En relación as propostas presentadas polo BNG-AA para a modificación das ordenanzas fiscais no vindeiro exercicio 2018, Arroxo informou que “manteremos a liña destes anos buscando que pague máis quen máis ten e pedindo bonificacións e exencións para que todas as persoas do concello poidan beneficiarse dos servizos públicos que ofrece este concello”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com